Carretera Ruta

Vídeo: Resumo do XIX Trofeo da Ascensión Cidade de Santiago





Fai click neste enlace para ver o resumo do XIX Trofeo da Ascensión Cidade de Santiago, segunda proba puntuable para a Copa Galicia de Estrada Elite e Sub23


Vídeo: Resumo do Campionato de Galicia Fondo en Estrada Elite e Sub23 - Volta ao Ribeiro





Fai click neste enlace para ver o resumo emitido pola Televisión de Galicia do Campionato de Galicia 2019 Fondo en Estada Elite e Sub23 - Volta ao Ribeiro Ourense Provincia Termal

 

Foto: Quadra Producións


Copa Galicia Máster: Saúl Martín estrea o palmarés do Trofeo Cidade de Betanzos





Cun espectacular final en subida polo casco histórico bautizouse este domingo o Trofeo Cidade de Betanzos no calendario máster. Saúl Martín (Villaviciosa-Mayador) foi o gran triunfador nesta terceira e penúltima xornada puntuable da Copa Galicia. Cruzou a liña de meta en primeira posición e asaltou o liderado máster-30 do certame autonómico. 


Alexandre García conquistou a Copa Galicia Cadete en Viveiro





O 36º Gran Premio San Roque pechou o pasado sábado a Copa Galicia Cadete de estrada e Alexandre García (Redondela Il Piccolo) defendeu con éxito o seu maillot de líder na proba organizada polo Club Ciclista Viveiro. 


O Bairrada puxo a guinda en Cambados ao seu recital na Ruta do Albariño





Por terceira vez nos últimos catro anos o Bairrada portugués adxudicouse a Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto'. Na sétima edición desta proba para corredores sub21, júnior e féminas o conxunto da localidade lusa de Aveiro ofreceu un recital. Dominou a xeral individual logrando os dous primeiros postos, venceu por equipos, na Montaña, nas Metas Volantes e anotouse as tres etapas que se disputaron.


Dobrete de Espinoza na primeira xornada da Ruta do Albariño





O júnior costarricense Julián Espinoza (Bairrada) viviu unha xornada redonda na apertura da VII Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto'. Gañador do primeiro sector, unha cronoescalada ao Alto do Busto, consolidou o seu maillot amarelo vencendo horas máis tarde no centro de Meaño. O ciclista centroamericano liderou a exhibición ofrecida polo seu equipo, que domina todas as clasificacións nas que compite. 


O costarricense Espinoza, primeiro líder da Ruta do Albariño





A VII Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' arrancou este sábado pola mañá en Meaño con dominio da formación portuguesa do Bairrada. Entre os cinco primeiros na cronoescalada ao Alto do Busto houbo catro representantes deste equipo luso. 

O mellor tempo asinouno o júnior Julián Espinoza. O costarricense do Bairrada completou os 3 quilómetros de ascensión en 9 minutos e 45 segundos. A segunda posición ocupouna Jesús Antonio García (Arte en Transfer-LPS), que rematou a 2" do gañador. 


VII Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto'





Tres probas en dúas xornadas. A Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' celebra esta fin de semana nas estradas do Salnés a súa sétima edición e un ano máis mantén o seu formato clásico

A competición para corredores e corredoras júnior e sub20 abrirase o sábado pola mañá (11:00 horas) coa cronoescalada de 3 quilómetros entre Meaño e o Alto do Busto. O segundo sector desta primeira xornada disputarase a partir das 17:00 horas, unha carreira en liña de  65 km con inicio e final en Meaño.


Vídeo: Resumo da XVIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña





Fai click neste enlace para ver o resumo emitido en Teledporte da XVIII Volta Ciclista á Provincia da Coruña 


Fernandes vence en Sigüeiro e De Mateos lévase a xeral da Volta á Provincia da Coruña





O epílogo da carreira levou aos ciclistas por algunhas das estradas que percorre o Camiño de Santiago. Unha peregrinación na que foi protagonista unha fuga de nivel, controlada en todo momento polo conxunto Aluminios Cortizo desde o pelotón.

Con forza, un total de 6 ciclistas destacáronse aproveitando a sucesión de pequenas costas. Alí coáronse Edwin Torres e Elías Tello (Kuota), Amores (Electro Hiper Europa), Videira (Fortunna Maia), Guillermo García (Froiz) e Felipe Orts (Mutua Levante- Alé), que chegaron a alcanzar tres minutos de vantaxe.