Carretera Ruta

Dorsais da XVIII Volta ciclista á Provincia da Coruña





Este venres, 31 de maio, un total de 119 corredores tomarán a saída na XVIII Volta ciclista á Provincia da Coruña. 


Gomiz supera a Montenegro no desenlace do Trofeo da Ascensión





Tras dous anos de parénteses, Compostela recuperou o seu Trofeo da Ascensión o día grande das festas. E o pelotón non defraudou, a pesar dos trinta graos de temperatura que fixeron a proba aínda máis dura. Ao final, os que conseguiron terminar a carreira foron chegando en sucesivas ondas.

O triunfo foi para Alejandro Gómiz, do Mutua Levante, que se impuxo no esprint a Martín Montenegro, dos Aluminios Cortizo de Padrón. Ambos asinaron un tempo de 3:02:46 e unha media de case corenta quilómetros por hora, a máis alta prevista pola organización.


As Pontes, Muros e Oroso acollerán esta fin de semana a 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña





Os concellos de As Pontes, Muros e Oroso serán este ano as sedes centrais da 18ª edición da Volta Ciclista á Provincia da Coruña, que se disputará entre os días 31 de maio e 2 de xuño e contará coa participación de máis dun centenar de ciclistas das categorías Élite e Sub-23, nas que se forxan as novas promesas desta disciplina deportiva antes de chegar ao ámbito profesional.


Martín Rey vence en Carballo e Alexandre García continúa líder da Copa Galicia Cadete





A segunda proba puntuable da Copa Galicia Cadete de estrada resolveuse cun ataque en solitario. Martín Rey (Aluminios Cortizo) impúxose o pasado sábado no Trofeo Concello de Carballo con 34 segundos de vantaxe sobre o pelotón. Ao fronte do gran grupo entrou Alexandre García (Redondela Il Piccolo), que conserva o liderado conquistado en Boiro. 


O elite Mediero e o sub23 Feijoo proclámanse campións de Galicia de fondo en estrada na Volta ao Ribeiro





O ciclismo galego ten novos campións de fondo en estrada na súa categoría raíña. O elite Roberto Mediero (Québici-Marcisport) e o sub23 Iván Feijoo (Academia-Postal-Maceda) conquistaron este domingo os maillots autonómicos na localidade ourensá de Cenlle. O ciclista vigués e o alaricano ocuparon a quinta e a sexta plaza, respectivamente, no desenlace da Volta ao Ribeiro que se adxudicou o arxentino Julián Barrientos (Vigo-Rías Baixas).


A Volta o Ribeiro exerce este domingo de Campionato de Galicia Elite e Sub23 de fondo en estrada





Dous días despois de ter competido en As Pontes polos títulos de contra o reloxo individual, os elites e sub23 galegos volverán medir forzas con outras coroas autonómicas en xogo. Este domingo a Volta o Ribeiro - Ourense Provincia Termal exercerá de Campionato de Galicia de Fondo en Estrada 2019. Na liña de saída de Barbantes Estación, no concello de Cenlle, reunirase ás 10:15 horas un pelotón formado por preto de un centenar de corredores. 


Carla Fernández ascende á terceira posición júnior da Copa de España





A falta de dúas probas para o final da Copa de España Féminas Cofidis 2019, a viguesa Carla Fernández ocupa a terceira praza na clasificación xeral júnior. A ciclista do Río Miera - Meruela ascendeu unha posición no ránking gracias ao sétimo posto asinado o pasado sábado na  XVIII Balmasedako Emakumeen Saria.


Alexandre García atrapa en Boiro a primeira camisola de líder da Copa Galicia Cadete





Co Club Ciclista Barbanza exercendo de anfitrión, a Copa Galicia Cadete de Estrada arrancou o pasado sábado en Boiro. Para coñecer ao primeiro líder deste certame autonómico houbo que agardar ata os últimos metros, onde Alexandre García (Redondela Il Piccolo) impuxo a súa punta de velocidade nun grupo de sete corredores. 


Inscricións abertas para o Campionato de Galicia de Fondo en Estrada Elite e Sub23





A Volta O Ribeiro - Ourense Provincia Termal decidirá o domingo 19 de maio os campións de Galicia de Fondo en Estrada 2019 das categorías Elite e Sub23. Con saída e chegada en Barbantes Estación (Concello de Cenlle), os corredores percorrerán os habituais 130 quilómetros da clásica ourensá. 

Fai click neste enlace para inscribirte. O prazo remata o mércores 15 ás 22:00 horas. 

 


Carla Fernández mantivo en Dos Hermanas a súa cuarta praza na xeral júnior da Copa de España





A Copa de España Féminas Cofidis superou o seu ecuador este pasado domingo en Dos Hermanas (Sevilla) con Carla Fernández conservando a súa posición de honra no ranking júnior. A corredora viguesa do Río Miera acadou a décima praza e na xeral segue ocupando a cuarta.