Carretera Ruta

Manuel Sampedro (Caeiro) estrea o palmarés do Premio Minas San Finx para juniors e sub21





Manuel Sampedro (Caeiro) foi o gañador da primeira edición do Premio Minas San Finx para categoría junior e sub21 organizado polo Club Ciclista Padronés Cortizo Anova. O recente medalla de bronce no Campionato de Galicia junior demostrou o seu bo estado de forma e adaptación aos percorridos duros para gañar a carreira en solitario con máis dun minuto de vantaxe sobre o seu compañeiro de equipo Martín Fariña e 1:18 sobre César Pico (Fundación Óscar Pereiro).


A carreira do Carme en Marín serviu para vestir a sete campións e campioas de Galicia





O Club Ciclista Marín foi o encargado de organizar os Campionatos de Galicia de fondo para cadetes,  junior e mulleres.  Os cadetes Miguel Mera (MMR) e  Noela  Saa (Maceda); os  junior César Pico (Fundación) e Carla Fernández (Meruelo); e as mulleres Mª Jesús Barros (Spol) en elite; Irene  Trabazo (Marín) en  sub 23 e Marta  Barbeito (Hércules) en  master, son os novos campións autonómicos.


Marín pon en xogo os títulos autonómicos de cadetes, junior e mulleres





O Club Ciclista Marín e a Federación Galega de Ciclismo serán as encargadas de organizar o Campionato de Galicia de estrada para as categorías de cadetes, junior e mulleres. A proba presentouse no Concello nun acto que contou coa presenza do concelleiro de deportes do Concello de Marín, Antonio Traba; o presidente do Club, Juan Carlos Ruibal e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz.


Abel Franco sustitue a Alex Regueiro na Selección de Galicia sub23 nos nacionais





O seleccionador galego de sub 23, Guillermo Sande ven de facer unha modificación na convocatoria do combinado galego de sub23 que tomará parte nos próximos Campionatos de España na categoría sub23. Ainda que en principio fora convocado Alejandro Regueiro (Polartec Kometa), unha complicación médica do santiagués deixouno fora da lista e será Abel Franco (Froiz) quen ocupara o seu lugar.

A expedición galega partirá nas proximas horas co obxetivo de face un papel destacado nestes Campionatos.


Iago Alonso (Chantadino) gañou con autoridade no centro de Vigo





O Trofeo Concello de Vigo de Ciclismo de categoría master non podía ter mellor oportunidade de lucirse que saíndo e chegando en pleno centro da cidade olivica, escenario reservado para as grandes ocasións. A vitoria do local Iago Alonso (Chantadino), recentemente chegado de conquistar a Copa Galicia de master, foi o broche a unha gran carreira organizada polo Ría de Vigo.


Mera en cadetes e Soutullo en junior gañana a Copa Galicia





O Gran Premio San Roque serviu para poñer o punto e final á Copa Galicia das categorías cadetes e junior. A proba viveirense tamén foi valedoira como primeira cita do Trofeo Astur cántabro galaico e isto propicio a presenza dun bo número de corredores representantes non só de Galicia senón das comunidades implicadas nesta Copa.


O galego Mota (Aldro) logra en Castelló a súa primeira proba por etapas





O ciclista galego Cristian Mota ( Aldro Team) proclamouse vencedor da Volta a Castelló e logrou facerse coa primeira carreira por etapas do seu historial deportivo. O ponteareán soubo defender a camisola amarela lograda na xornada previa e impúxose na xeral final a Francísco Galván ( Lizarte) e Gabriel Pons ( Escribano). Tamén se fixo coa vitoria na xeral da montaña.

Tema: 

Sergio Vega suma un nuevo triunfo del Froiz en el palmarés de la Volta á Coruña





Sergio Vega ( Froiz) volveu dar a vitoria na 17ª Volta Ciclista  á Provincia dá Coruña á formación de Poio que dirixe Evaristo Portela. Os  Froiz suman con esta un total de 11 das 17 edicións celebradas. Vega tomou a substitución de Martin  Lestido en 2017 e tal como ocorrese entón, fíxoo no ascenso á  Garita de  Herbeira, un decisivo porto de primeira categoría situado a dez quilómetros da meta de Cariño, que marcou o podio final despois de tres días de competición.

Tema: 

ANGULO ( RIAS BAIXAS) GAÑA A PRIMEIRA ETAPA DA VOLTA A CORUÑA





O corredor do Rías Baixas, Antonio “ Chava” Angulo foi o máis rápido na chegada de Ponteceso onde finalizaba a primeira das tres etapas da Volta Ciclista á Provincia da Coruña. O ciclista cántabro culminaba así unha escapada de sete corredores que se fraguou no último porto da xornada. Foi o ascenso ao Miradoiro do Ézaro o que ditou sentenza na xornada. A dureza das súas ramplas de primeira categoría foi a base na que o Froiz de Evaristo Portela cimentou unha estratexia que forzou a fuga boa do día aínda que non tivese o premio final da vitoria nas rúas de Ponteceso.

Tema: 

Cristian Mota formará coa selección española na Carreira da Paz


Cristian Mota (Aldro Team)



O galego Cristian Mota ( Aldro Team) formará parte da selección nacional sub23 nunha nova proba da Copa das Nacións que se disputa na República Checa do xoves 31 ao domingo 3 de xuño, sobre un prólogo e catro etapas.