Carretera Ruta

O 3º Trofeo Patrocinador master foi para Alves (De la Fuente)


Alonso en 30; Oliveira en 40 e De la Fuente en 50, máis líderes da Copa Galicia master



O master 30 Carlos Alves (De la Fuente) foi o máis rápido na liña de meta de Praia Xardín en Boiro, escenario do 3º Trofeo Patrocinador organizado polo Club Ciclista Barbanza. Alves impúxose a Eduardo Tajes ( M40 - Norinver) e Diego Quintela ( M30 - Betanzos) quen, xunto a Daniel Regueiro (M30 - Chantadino) culminaron ao sprint a fuga boa do día con máis dun minuto de vantaxe sobre o pelotón no que circulaban os líderes da Copa Galicia da categoría.


Dominio portugués na Ruta do Albariño con triunfo na última etapa para Martin Soutullo (Carballo)





Martín Soutullo, o ciclista júnior do Carballo foi o vencedor no sprint masivo da terceira e definitiva etapa da VI Ruta do Albariño disputada en Cambados. O portugués Daniel Noreña (Bairrada) acabou como gañador final da serie tras administrar a renda de tempo obtida na cronoescalada do primeiro día.


Anxo Lorenzo (Cortizo) e Diego González ( Froiz) novos campións de Galicia elite e sub23





O corredor padronés Anxo Lorenzo (Cortizo  Anova) proclamouse Campión de Galicia 2018 de ciclismo en ruta ao finalizar segundo no Campionato disputado en Culleredo. O vencedor do I Gran Premio Consorcio dás Mariñas foi o seu compañeiro de equipo, o leonés Jesús  Nanclares quen non podía optar ao título. Na categoría  sub 23, o título foi para Diego González (Froiz)


As mariñas coruñesas centran o interese do ciclismo galego coa disputa do Campionato de ruta





Este domingo día 20 de maio terá lugar a celebración do Campionato Galego de Fondo na estrada Elite Sub-23, Gran Premio Consorcio As Mariñas. O Club Ciclista Cambre Caeiro organiza esta prestixiosa proba con saída e chegada en Avd. Xoan Carlos I (Culleredo) e que percorrerá os oito municipios pertencentes ao Consorcio.


CAMBRE ULTIMA OS PREPARATIVOS DO CAMPIONATO DE GALICIA ELITE E SUB23 DE ESTRADA





O Club Ciclista Cambre- Caeiro organizará o próximo día 20 de maio o Campionato de Galicia Elite Sub-23 de fondo na estrada 2018 patrocinado por Ferrovial. Este club que xa conta coa experiencia de organizar outros Campionatos de Galicia como o de Contrarreloxo, BTT ou Ciclocrós, será o encargado, xunto co Consorcio As Mariñas, de organizar esta prestixiosa proba de máximo nivel que reunirá un pelotón duns 120 ciclistas da Comunidade Galega xunto con equipos vindos de Portugal, Asturias, Castela León e Madrid.


PICO (MOSKOVITAS) FOI O MÁIS RÁPIDO NO SPRINT DE O PINO





José Luis Pico ( Moskovitas) impúxose na chegada masiva do pelotón master no V Trofeo Concello do Pino, proba valedoira para a Copa de Galicia de estrada e como peche da III Challenge organizada pola Asociación Galega de Ciclistas.


Rubén Fernández dominou de principio a fin na Copa Galicia Máster de Cangas





O corredor do Norinver Cycling Team Rubén Fernández adxudicouse o triunfo na XIV edición do Trofeo Concello de Cangas de Ciclismo, organizado polo local Club Ciclista Cangas, e quinta proba puntuable  da Copa Galicia Máster. Fernández impuxo a súa lei desde o principio e entrou en meta en solitario avantaxando ao segundo e terceiro clasificados en máis de dous minutos despois dunha fuga que durou moitos quilómetros. Os tres líderes do certame autonómico venceron nas súas categorías.


200 ciclistas participarán na ‘II Challenge As Rías Baixas’





Douscentos corredores procedentes de distintos lugares de toda España, de Portugal e, por suposto, de Galicia, tomarán a saída o vindeiro sábado, día 21, na II Challenge As Rías Baixas de ciclismo, para máster e júnior, que cubrirá algo máis de 160 quilómetros pasando polos concellos de Mos, Ponteareas e O Porriño.


Iago Alonso gañou o VI Trofeo da Estrada e situouse como novo líder máster-30 da Copa Galicia





Iago Alonso Alonso (Chantadino) asaltou o liderado máster-30 da Copa Galicia tras vencer este domingo no VI Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada que, paradoxalmente, afianzou ao porriñés Juan José Álvarez Cerdeira " Juanillo" do Máster da Louriña como líder provisional da III Challenge Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas (CCAGC), malia perder o primeiro posto no certame autonómico.


Ricardo Zurita fíxose co primeiro maillot de líder da Copa Galicia Júnior en Carballo





A segunda e última xornada da Challenge Júnior Carballo deu inicio este domingo á Copa Galicia da categoría. Ricardo Zurita (OID Cycling) superou ao local Martín Soutullo (Carballo a un Paso) no sprint dun grupo de oito corredores que se xogaron a vitoria despois de 90 quilómetros con saída e chegada na capital da comarca de Bergantiños. Ademais de acadar o primeiro maillot de líder do certame autonómico, o conxunto de Talavera de la Reina tamén se adxudicou a clasificación xeral da challenge por medio de José Andrés Díaz.