Carretera Ruta

A Copa Galicia de Enduro e a de XCO suben o pano esta fin de semana





O BTT galego prepárase para a súa fin de semana máis intensa no que vai de ano. Este sábado arranca a Copa Galicia de Cross Country Olímpico (XCO) en Poio e o domingo bota a andar o certame autonómico de Enduro en Moaña. Ademais, tamén se disputará en Ames a última proba do circuíto Transgalaica de Cross Country Maratón (XCM).


Presentación da I Challenge Júnior Carballo





Carballo acolle esta fin de semana a I Challenge Junior, unha proba organizada polo Club Ciclista Carballo, coa colaboración do Concello e da Federación Galega, que reunirá no noso concello a ciclistas “que dentro duns anos poderemos ver na Volta, no Giro ou no Tour”.


A Copa Galicia Júnior ponse en marcha en Carballo e a Máster continúa en A Estrada





Os certames autonómicos de estrada van collendo velocidade. Despois de arrancar o pasado sábado a Copa Galicia Elite e Sub23 coa Clásica de Pascua, este domingo chega a quenda dos juniors en Carballo e os masters teñen unha nova cita en A Estrada. Dúas probas para as que as preinscricións están abertas ata este xoves ás 22:00 horas. 


Juan José Álvarez impuxo a súa punta de velocidade na Copa Galicia Máster de Ordes





 

Máis de 100 corredores participaron este domingo no I Trofeo Ciclista Concello de Ordes. A proba, terceira puntuable para a Copa Galicia Máster de Estrada, transcorreu ao longo de 75 quilómetros, englobando as categorías Júnior e Máster 30, 40 e 50/60.


Raúl García de Mateos adxudicouse a Clásica de Pascua e vestiuse o primeiro maillot de líder da Copa Galicia Elite e Sub23





O Club Ciclista Padronés logrou conseguir a vitoria na súa casa ao impoñerse na 56ª Clásica de Pascua de Padrón co corredor elite Raúl García de Mateos, que conseguiu culminar un excelente traballo da escuadra local.


Triunfo de Rubén Fernández no Memorial Fernando Abad e dous cambios de líderes na Copa Galicia de Estrada Máster





A primeira fin de semana da Copa Galicia de Estrada Máster pechouse no concello coruñés de Oroso homenaxeando a Fernando Abad. A terceira edición do memorial na honra de quen fora presidente do Tambre Bike reuniu a participación máis alta do que vai de temporada. Un total de 126 corredores, 26 deles juniors, tomaron a saída nunha carreira que se anotou  o máster-40 Rubén Fernández (Norinver).


A Ruta Rosaliana coroou os primeiros líderes da Copa Galicia de Estrada Máster





Os maillots de líderes da Copa Galicia de Estrada Máster xa teñen os seus primeiros propietarios. Pablo Liñares (Os Esfola Arrós) nos masters-30, Iván Vidal (Arcadecycles) nos masters-40 e Javier de la Fuente (Norinver) nos masters-50/60 impuxéronse nas súas categorías na V Ruta Rosaliana celebrada este sábado en Padrón. 


A Copa Galicia de Estrada Máster estréase cunha dobre cita na área de Santiago





A principal novidade no calendario de estrada galego do 2018 ponse en marcha esta fin de semana. A Copa Galicia Máster sube o pano e faino con dúas probas na comarca de Santiago de Compostela. O sábado disputarase a V Ruta Rosaliana en Padrón e o domingo o III Memorial Fernando Abad en Sigüeiro.


Iago Alonso deulle ao Chantadino o triunfo final na Volta a Lugo Máster





O maillot amarelo da III Volta a Lugo Máster quedou na casa. Iago Alonso, representante do conxunto anfitrión Chantadino Máster Team, alzouse coa vitoria na clasificacións xeral final tras dous intensos días de competición. O corredor máster-30 vigués impúxose con 19 segundos de vantaxe respecto ao máster-40 Miguel Fernández (Ría de Vigo) e con 37" sobre o tamén máster-40 Eduardo Tajes (Norinver).


A Copa Galicia de Estrada amplíase cos masters





A Federación Galega de Ciclismo aposta por segundo ano consecutivo pola Copa Galicia de Estrada, un formato que medra neste 2018. Aos certames autonómicos Elite e Sub23, Júnior e Cadete engádese o Máster, que entra con forza contando con nove carreiras puntuable no seu calendario. 

 

COPA GALICIA MÁSTER 2018