Circuito urbano

Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebrará este sábado 21 de decembro





Este sábado, 21 de decembro, desenvolverase a partir das 16.00 horas, nos arredores do parque do río Ameneiral, en Bertamiráns, a décimo terceira edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela poderán participar tanto adultos como os máis pequenos da casa.


O junior Dani Sanin (Caeiro) gañou na carreira de casa





Na tarde do sábado disputábase no Polígono do Espírito Santo o XVIII G. P. Concello de Cambre de Escolas, Cadetes e Junior, organizado polo C. C.Cambre-Caeiro. A elevada temperatura presente durante toda a xornada non puido cos máis de 300 ciclistas vindos de toda Galicia que se achegaron a competir no esixente circuíto de Cambre.


A carreira de Igollo non é puntuable para o Trofeo AsturCantabroGalego





Lémbrase a todos os clubs que a proba deste mércores en Igollo de Camargo (Cantabria) non é puntuable para o Trofeo AsturCantabroGalego.

Tema: 

O Vigués organizou o seu III Trofeo ELM Bembrive de Escolas





O CC Vigués organizou a terceira edición do seu trofeo de Bembrive que abarcou as categorías de escolas, cadetes e junior. Ademais da gymkana de participación para os máis pequenos, os maiores disputaron o seu circuíto polas rúas que compoñen a parroquia viguesa.


Martin Soutullo (Carballo) foi o mellor xunior no XIII Trofeo Montes do Rosal





A praza do Calvario do Rosal albergou a celebración dunha nova edición do XIII Trofeo Montes do Roseira de Escolas de estrada organizada polo Club Ciclista O Rosal para categorías desde promesas a junior.


José Luis Mariño adxudicouse no Porriño a Copa Galicia de estrada elite e sub23





A Copa Galicia de estrada elite e sub23 tivo un desenlace inesperado este venres no Porriño. José Luis Mariño (Cambre - Renault Caeiro) superou na sexta e última xornada puntuable a Aser Estévez (Cortizo - Anova), despois de que o ciclista que lideraba a clasificación do certame autonómico se fora ao chan no quecemento de "La Nocturna" Festas do Cristo 2017 e non puidera tomar a saída. A terceira praza acadada polo corredor padronés na proba organizada polo Club Ciclista Master da Louriña bastoulle para asaltar o primeiro posto da xeral. 


As escolas compiten este sábado en Marín





O calendario de estrada 2017 entra na súa recta final. Este sábado, día 9, o protagonismo será para as escolas no Trofeo Virxe do Porto na localidade pontevedresa de Marín. Os máis novos competirán nunha clásica do ciclismo base que alcanza a súa a XXXIII edición.


Os masters disputan este domingo o Campionato de Galicia de estrada en Tui





Sobre un percorrido de 84 quilómetros para os masters-30 e 40, e de 52,5 para os 50 e 60, este domingo celebrarase en Tui o Campionato de Galicia de estrada para as categorías de veteranos. A proba organizada polo Club Ciclista De La Fuente e a Federación Galega de Ciclismo arrancará as 10:30 horas no paseo da Corredoira onde está previsto que remate ao redor das 12:45. Na liña de saída agárdase a presenza de 160 corredores. 


Alex Marque finalizou 13º na Volta ao Alentejo





A actividade dos corredores profesionales galegos de estrada centrouse durante a última semana na Volta ao Alentejo. Seis ciclistas das nosa terra, todos eles representando a conxuntos lusos, participaron nesta proba de cinco etapas. Alex Marque foi o mellor clasificado na xeral

O estradense do Sporting-Tavira rematou 13º a 39 segundos do gañador final Carlos Barbero (Movistar). Marque repite o posto que ocupou a semana anterior na Volta ao Algarve.