CRI

Vídeo: Resumo do Campionato de Galicia CRI 2019





Fai click neste enlace para ver o resumo emitido pola Televisión de Galicia do Campionato de Galicia CRI 2019 


Samuel Blanco e María Jesús Barros reinan no Campionato de Galicia CRI en As Pontes





O ciclismo galego estreou en As Pontes o seu calendario de campionatos autonómicos do 2019 repartindo dezaseis títulos na modalidade de contra o reloxo individual. Cun récord de inscritos de 300 corredores, dous ciclistas do sur da provincia de Pontevedra foron os grandes dominadores en territorio coruñés. Samuel Blanco (Vigo-Rías Baixas) e María Jesús Barros (Spol), ambos da categoría Elite, impuxeron a súa lei nun percorrido de 23 quilómetros deseñado polo club organizador As Pontes-Vilalba.


Trescentos ciclistas buscarán este venres os títulos autonómicos de contra o reloxo en As Pontes





O 17 de maio, Día das Letras Galegas, é unha data que tamén significa a celebración do primeiro campionato autonómico de ciclismo do ano. Neste 2019 será As Pontes o escenario da cita na que se porán en xogo os títulos de contra o reloxo individual. Ás 10:00 horas tomará a saída o primeiro dos 300 corredores que rodarán polas estradas desta vila coruñesa. 


Orde de saída do Campionato de Galicia de CRI





Xa se pode consultar a orde de saída no Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) que se disputa este venres, 17 de maio, na localidade coruñesa de As Pontes. O primeiro participante porase en marcha ás 10:00 horas e o último en entrar en liza fárao ás 14:25. 


Bo papel dos junior na crono dos Campionatos de España e prata para o master 40 Raúl Portillo do Norinver galego





Arrincou a participación dos representantes galegos nos Campionatos de España junior e master que se celebran en Soria. Os junior Carla Fernández e Brais Cima debutaron cun meritorio sétimo posto na CRI que abría o programa de competición mentres Uxio San Martin conseguía acabar no top 20 da proba. Nesta primeira sesión celebráronse as probas contra o crono, nas que todas as categorías participantes tiveron que facer fronte ao mesmo percorrido de 18,7 quilómetros, con inicio e final na capital castelá.


Martin Bouzas proclámase Campión de España CRI





O ciclista sub23 Martín Bouzas (Galicia) logrou colgarse a medalla de ouro na proba contrareloj disputada na primeira xornada do Campionato de España que se celebran en Castelló. Cun rexistro de 25’16”, o de Rois avantaxou en 22 segundos a Adrià (Cataluña) e 24 a Bennassar (Baleares).

Bouzas suma o seu cuarto podio consecutivo desde a categoría xuvenil e revalida o título logrado hai dúas tempadas.


ASER ESTEVEZ E CHUS BARROS VENCEN NO CAMPIONATO DE GALICIA DE CRI


Campions de Galicia CRI 2018



 O ciclista Aser Estevez Cividanes (Cortizo Anova) revalidou o seu título de Campión de Galicia de Contrareloj individual tras impoñerse na proba disputada en Cerceda. O corredor da Guarda era o último en tomar a saída dada a súa condición de vixente campión e soubo administrar as referencias para completar os 15,7 kilometros de percorrido nun tempo de 21 minutos e 28 segundos. Estévez suma con este campionato un total de once títulos autonómicos no seu palmarés.


ORDE DE SAÍDA DO CAMPIONATO DE GALICIA DE CRI





Xa se pode consultar a orde de saída do Campionato de Galicia de CRI que se disputará en Cerceda o xoves 17 de maio a partir das 09:30 da mañá. Nesta edición e debido á alta participación, os corredores da categoría master e as mulleres tomarán a saída cunha diferenza de 30 segundos entre participantes. A partir da categoría cadete a secuencia de saída será cada minuto. Os corredores de categoría elite sairán os últimos neste certame sendo o vixente Campión, Aser estevez (Cortizo- Anova) o último corredor en saír.

Tema: 

PRESENTADO O CAMPIONATO DE GALICIA CRI





O salón de plenos do Concello de Cerceda foi o escenario para a presentación oficial do Campionato de Galicia de contrareloj individual que se disputará o próximo dia 17 aprevechando a festividade do Día das Letras Galegas.


MODIFICACIÓNS NO PERCORRIDO DO CAMPIONATO DE GALICIA DE CRI





A Dirección Técnica da FGC ven de tomar nas últimas horas a decisión de modificar o treito final do Campionato de Galicia de Contrareloxo que terá lugar en Cerceda o próximo 17 de maio. As modificacións non alteran a distancia do percorrido (15,7 km) e só afectan ós últimos 500 metros nos que se accederá á meta pola mesma rúa na que está a saída. Adxuntaxe o perfil e rutómetro do percorrido  modificado.