CRI

Cerceda acollerá o 17 de maio o Campionato de Galicia CRI





Nun percorrido de 15,7 quilómetros con inicio e final en Cerceda poranse en xogo o vindeiro xoves 17 de maio, Día das Letras Galegas, os título autonómico de contrarreloxo individual (CRI) en estrada.

A saída do primeiro corredor darase ás 9:30 horas e cunha diferencia dun minuto entrarán en acción todos os participantes nesta cita organizada pola Federación Galega de Ciclismo en colaboración co Clube Ciclista Cerceda.


Javier de la Fuente, 16º na contrarreloxo master-50/54 dos Campionatos do Mundo en Albi





Este xoves disputouse a contrarreloxo individual dos Campionatos do Mundo da categoría master que se están a celebrar na localidade francesa de Albi. O betanceiro Javier de la Fuente rematou décimo sexto na clasificación master-50/54 e 120º na xeral. O corredor da formación galega Norinver marcou un tempo de 32:58, finalizando a 03:27 do gañador.


Aser Estévez e María José Gómez proclamáronse campións galegos elite de contrarreloxo en Baños de Molgas





Trece títulos autonómicos na modalidade de contrarreloxo individual (CRI) en estrada puxéronse en xogo este mércores na localidade ourensá de Baños de Molgas. María José Gómez (Cambre-Caeiro) superou por unha décima a María Jesús Barros (Spol) na proba raíña feminina, mentres que nos elites masculinos Aser Estévez non deu opcións aos seus rivais para lograr a súa décima coroa galega nesta especialidade. O ciclista do Cortizo – Anova revalidou a vitoria lograda o ano pasado neste mesmo municipio.


Baños de Molgas repite como escenario do Campionato de Galicia de CRI





O 17 de maio, Día das Letras Galegas, disputarase o primeiro Campionato de Galicia neste 2017. Será o de Contrarreloxo Individual (CRI) en estrada e o seu escenario será o mesmo que o do pasado ano. A localidade ourensá de Baños de Molgas repite como sede, pero a proba disputarase sobre un circuíto diferente ao do 2016. 

Fai click aquí para coñecer o percorrido


Paula Sanmartín e Aser Estévez reinaron no Campionato de Galicia de Contrarreloxo 2016





A localidade ourensá de Baños de Molgas foi o escenario no que se coroaron neste Día das Letras Galegas os dez campións autonómicos de contrarreloxo individual no 2016. Os títulos das dúas probas raíñas viaxaron cara o sur da provincia de Pontevedra. A viguesa Paula Sanmartín (Bioracer) impúxose nun emocionante desenlace na categoría Elite feminina e o guardés Aser Estévez (Club Ciclista Rías Baixas) exhibiuse na competición masculina. 


Preinscrición para o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) 2016 do vindeiro 17 de maio





O prazo de preinscrición para o Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) 2016, que se celebrará o vindeiro 17 de maio en Baños de Molgas (Ourense), xa está aberto e pecharase o próximo día 12 de maio. Dous días máis tarde, o día 14 de maio, publicarase no web da Federación a orde de saída das distintas categorías.