Carretera

O Club Ciclista Farto seguirá cos seus equipos feminino e masculino de categoría Elite-Sub23 no 2020





O Club Ciclista Farto continuará cos seus equipos elite e sub-23 na temporada 2020, tanto o feminino como o masculino. A día de hoxe, o club xa asinou a oito e seis ciclistas respectivamente.

O presidente Abel Farto e o mánager Brais Dacal están a traballar estas semanas en asentar as bases do equipo para o ano 2020. As negociacións con provedores de bicicletas e roupa están avanzadas e trabállase en pechar outro patrocinador principal.


Monforte repartiu oito títulos autonómicos de fondo en estrada





No último Campionato de Galicia do calendario de estrada 2019, oito ciclistas conquistaron títulos autonómicos este sábado na localidade lucense de Monforte. A elite María Jesús Barros (Spol), a sub23 Paula Sanmartín (Eneicue), a júnior Carla Fernández (Río Miera), a cadete Claudia García (Redondela Il Piccolo), a máster-30 Ana Gómez (Chinquena), a máster-40 Mónica Alarcón (Arcadecycles), o júnior Miguel Ángel Mera (MMR) e o cadete Rubén Fandiño (Zona Cycling) ergueron os brazos na liña de meta ubicada diante do Colexio dos Escolapios.