Ciclismo adaptado

Segundo posto para o Club Ciclista Riazor na Copa de España de Badajoz





Despois do seu paso por Viveiro a Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019 reanudouse este sábado en Badajoz coa súa cuarta proba puntuable. A beiras do Guadiana o Club Ciclista Riazor acadou catro medallas, rematou segundo por equipos e mantivo o liderado nas dúas clasificacións que encabezan os seus handbikers.

Mila López encabezou a actuación da estrutura coruñesa impoñéndose na competición WH4. Deste xeito, a handbiker de Baiona reforzou a súa primeira posición na xeral da Copa. 


Triplo éxito de Mila López e bronces de Iván Montero, Angel López e Luís Arceaga na Paracycling Bira





A Paracycling Bizkaiko Bira regresou ao calendario internacional como proba valedoira para a Copa de Europa e cos representantes galegos acumulando medallas nas estradas biscaíñas.

Mila López (Club Ciclista Riazor), na categoría WH4, fixo dobrete e adxudicouse a clasificación xeral. A baionesa impúxose na carreira en liña do sábado e na contra o reloxo individual do domingo. 


Gran xornada de ciclismo adaptado en Viveiro, escenario da 3ª proba da Copa de España





A localidade lucense de Viveiro acolleu esta fin de semana a terceira cita da Copa de España de Ciclismo Adaptado; un evento que, a diferenza do habitual, dispuxo para os participantes un precioso e esixente percorrido en liña de 30 quilómetros, en lugar dun circuíto de menor quilometraxe.

Os galegos foron os grandes dominadores deste evento. Ángel Plácido López (Inclusivo Enki) levaría a vitoria na clase MH1; en MH2 os dous primeiros postos ocupáronos integrantes do Riazor, Juan Ramón Permuy, secundado por Alejandro Ferradas.


Mila López sitúase líder na Copa de España de Ciclismo adaptado





A localidade almeriense de Cuevas de Almanzora foi o escenario no que a pasada fin de semana levouse a cabo a segunda proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado de estrada; unha cita que contou cunha gran participación tanto de público como de afeccionados, e na que Galicia estaba representada polos ciclistas Iván Montero MH5 e Mila López WH4, ambos do Club Ciclista Riazor.


Mila López e Iván Manoel Montero brillan na Extremadura European Paracycling Cup





Vestindo as cores do C.C. Riazor dous paraciclistas galegos acumularon éxitos na Extremadura European Paracycling Cup, evento de categoría C1 do calendario da Unión Ciclista Internacional (UCI). Mila López sumou dous triunfos na categoría WH4 e Iván Manoel Montero rematou dúas veces segundo nesta competición internacional celebrada a pasada fin de semana en Cáceres. 

O sábado disputouse a proba en ruta nun circuíto de 11,6 quilómetros, mentres que o domingo o trazado da contrarreloxo individual tiña unha lonxitude de 10,2 quilómetros. 


Segundos postos para Mila López e Iván Manoel Montero na apertura da Copa de España de ciclismo adaptado





Na localidade manchega de Tomelloso deu inicio a Copa de España de ciclismo adaptado 2019 con dous representantes do C.C. Riazor acadando postos de podio. Mila López rematou segunda en WH4 e Iván Manoel Montero fixo o propio en MH5. 

A especialista baionesa en handbike rematou por detrás de Eva Moral (Entrenamientociclismo.com) e o podio completouno Ione Basterra (Saiatu).


Viveiro acollerá unha proba da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019





O vindeiro 8 de xuño a localidade lucense de Viveiro convertirase por primeira vez na capital do ciclismo adaptado estatal. A Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) vén de confirmar o calendario da Copa de España de Ciclismo Adaptado 2019, que celebrará a súa cuarta xornada na vila do Landro. 

"Para nos é todo un desafío e faremos todo o que esté da nosa man para conseguir que o 8 de xuño sexá un gran día de ciclismo!", comentou na súa páxina de Facebook o Club Ciclista Viveiro, organizador deste evento. 


Mila López (Ifit Galicia) gañou en Murcia a xeral final da Copa de España de Ciclismo Adaptado





A ciclista galega  Mila López (Ifit Galicia) logrou proclamarse gañadora da Copa de España de Ciclismo Adaptado categoría  WH4 e a falta dunha proba para concluír a competición. A “handbyker”  baionesa impúxose con autoridade nas dúas últimas carreiras celebradas nas localidades murcianas de  Aguilas e  Mazarrón que foron a sexta e sétima probas da Copa, ambas as organizadas polo Club Ciclista Prol Bike.


Boa colleita dos ciclistas galegos no Criterium de Zarautz





O XI Criterium de Ciclismo Adaptado Vila de Zarautz resultou un éxito para a participación galega que retornaba de terras vascas con seis medallas obtidas entre as modalidades de contrareloj e liña.