Ciclocross

Iván Feijoo foi o mellor sub23 español en Bogense tras meterse no top 20 mundial





O vixente Campión de España Sub23, o galego Iván Feijoo, afrontaba o mundial con apenas puntos que lle permitisen unha mellor situación na liña de saída de Bogense. Arrincando desde un posto corenta o alaricano da Escola de Maceda amparouse nun percorrido que se adaptaba ben ás súas condicións e pudo amosar a fortaleza que lle faltou na última proba de Copa do Mundo. Así, Feijoo foi superando dende os primeiros compases o tráfico de corredores ata o top vinte de carreira.


Canal brilla sen premio no Campionato do Mundo de ciclocrós





Unha saída de cadea privou a Carlos Canal da loita polo título no Campionato do Mundo de ciclocrós disputado na localidade danesa de  Bogense. O ciclista galego realizou unha gran saída que lle permitiu formar no grupo de cabeza co seu compañeiro de selección Gonzalo  Inguanzo. No que estaba sinalado como un día histórico para o  limiano e para todo o ciclismo español, quedou truncado cunha a fatídica avaría cando  circulaba na terceira praza e que lastrou a Canal con máis dun minuto de diferenza sobre os homes de diante.


Carlos Canal: "Vou a dalo todo no Mundial"





Sorprendemos a Carlos Canal entre clases no instituto, entrenos nas ladeiras do Castelo de Maceda e apenas tempo para preparar as maletas antes de saír cara a Dinamarca. Así se prepara un Campión de España de ciclismo

“Aínda que estou afeito, sempre hai falta de tempo porque é difícil compaxinar todo o que hai que facer. Os estudos réstanche horas para os adestramentos e cada fin de semana gástase en viaxes e competición…”

¿Cómo te sentes?


Un novo podio de Canal na Copa do Mundo o sitúa como favorito para o mundial de Bogense





O ciclista galego Carlos Canal, volveu subir ao podio dunha proba de Copa do Mundo de  ciclocrós coa segunda praza lograda na localidade holandesa de  Hoogerheide. En vinte días Canal sumou o triunfo no Campionato de España e dous podios en Copa do Mundo o que o presenta como un dos favoritos para o Campionato do Mundo junior en Dinamarca. 


Canal logra o primeiro podio galego nunha Copa do Mundo de ciclocross.





O galego Carlos Canal luciu o recente título de Campión de España de ciclocrós cun terceiro posto na penúltima proba da Copa do Mundo disputada na localidade francesa de Pont  Chateau.


Galicia exhibe sua xeración de ouro nos nacionais de ciclocrós en Pontevedra





Catro medallas de ouro, dous de prata e dúas de bronce, foi o botín obtido polos ciclistas galegos nos Campionatos de España de Ciclocrós Pontevedra 2019. A madurez alcanzada polos ciclistas da escola do Club Ciclista Maceda foi unha inxección dourada para o equipo autonómico referendada na última xornada cos títulos nacionais do junior Carlos Canal e do sub 23 Iván Feijoo.


Galicia cólgase dúas medallas master do Campionato de España de ciclocrós





Cinco medallas de ouro para os compoñentes das seleccións de Madrid e Asturias convertéronas nas grandes triunfadoras da segunda xornada de competición do Campionato de España de  ciclocrós que ao longo da fin de semana celébrase na capital e Pontevedra coa organización da Federación  Galega de Ciclismo. Os representantes madrileños fixéronse con tres ouros e dúas platas mentres Asturias igualaba no dourado pero debía conformarse con dous bronces no día dedicado ás diferentes categorías de master ademais das probas de cadetes masculina e feminina.


Galicia, Campioa de España de "Team Relay"





Galicia proclamouse campioa de “Team  Relay” na proba inaugural da competición nos Campionatos de España de ciclocrós que ao longo da fin de semana celébranse na capital de Pontevedra. O conxunto galego tivo que esperar ata a recta de meta para que Iván Feijoo culminase o excelente traballo do equipo local que marcou un tempo tres segundos máis rápido que Euskadi que foi subcampioa e Asturias que se fixo co bronce. A selección de Cantabria, gañadora en 2018 e unha das principais favoritas ao triunfo só puido ser cuarta.


Lista de Inscritos no Campionato de España de Ciclocrós





Xa están asignados os dorsais dos ciclistas que participan no Campionato de España de Ciclocrós.

 


O "Team Relay" abre o Campionato de España en Pontevedra con aspiracións para Galicia





Galicia acollerá un Campionato de España de Ciclocrós trece anos desde a última ocasión en Ribadumia 2006 e unha vez máis será a provincia de Pontevedra e máis concretamente o seu capital, a encargada de recibir aos 900 ciclistas que pelexarán durante tres xornadas por lograr os títulos en xogo.