Ciclocross

Póker de vitorias galegas na Copa de España de Alcobendas





Os especialistas galegos de ciclocrós seguen indo a máis na Copa de España e na cuarta xornada puntuable asinaron en Alcobendas a actuación con máis éxitos do curso. Catro vitorias e outros dous postos de podio dúas semanas antes de que o certame estatal desembarque en Pontevedra.


Ana Santos e Daniel López conquistan o Rosal na Copa Galicia de Ciclocrós





Unha das citas clásicas do calendario autonómico volveu facer este sábado as delicias dos especialistas en ciclocrós. Na súa XXII edición o Trofeo Comunidade de Montes de Eiras achegouse aos 400 participantes. Sobre a area do Rosal, o elite Daniel López Parada (Burgos BH) e a júnior Ana Santos conquistaron os triunfos de máis prestixio na sexta xornada da Copa Galicia.


Tres primeiros postos e un segundo para os galegos na Copa de España de Karrantza





A tres semanas de que a Copa de España chegue a Galicia, os representantes autonómicos acadaron tres triunfos na terceira xornada puntuable do certame estatal. Iván Feijoo (Nesta) e Irene Trabazo remataron primeiros entre os sub-23 e Isabel Castro (Condado Bike) impúxose na carreira máster-40/50. Miguel Rodríguez (Ponteareas), segundo nos juniors, asinou o outro gran resultado da 'armada galega' no XXVII Ciclocross de Karrantza.


Saúl López e Laura Capa exerceron de vakners na Copa Galicia de Dumbría





El era o rival máis temido e ela demostrou a súa voracidade sobre o barro. O elite Saúl López (Maceda) e a júnior Laura Capa (Aleata-Farto) exerceron de vakners, o animal mitolóxico que deu nome á quinta xornada da Copa Galicia de Ciclocrós, este sábado no municipio coruñés de Dumbría.


Presentación do VI Ciclocrós Terras do Vákner en Dumbría





Máis de 300 ciclistas inscribíronse para participar este sábado en Dumbría no VI Ciclocrós Terras do Vákner, quinta xornada puntuable para a Copa Galicia. A presentación deste evento tivo lugar este xoves nas instalación deportivas do Conco, coa presenza de José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, e Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega de Ciclismo. 


Irene Trabazo encadea en Vic a súa segunda vitoria UCI C2 e Iván Feijoo remata segundo





Os especialistas galegos en ciclocrós despediron con bos resultados e sensacións o tríptico de probas catalanas puntuables para os rankings da Unión Ciclista Internacional (UCI). Na terceira destas citas de nivel C2, dous dos nosos representantes pisaron o podio en Vic. 

Irene Trabazo repetiu vitoria na categoría Sub-23. Despois do día anterior terse imposto en Manlleu, a marinense do XSM cruzou a liña de meta en sétima posición da carreira raíña feminina, a 3:04 da vencedora Lucía González (Nesta), e con 1:08 de vantaxe sobre a segunda sub-23 Paula Suárez (Euskadi).


Iván Feijoo e Irene Trabazo, primeiros sub-23 na proba UCI C2 de Manlleu





Catro corredores galegos están disputando durante esta ponte de novembro o tríptico de probas catalanas puntuables para os rankings da Unión Ciclista Internacional (UCI). Na segunda destas citas de nivel C2, disputada este sábado en Manlleu, os podios sub-23 tiveron a dous dos nosos representantes no máis alto.


Saúl López e Carla Fernández asinan triunfos solventes na Copa Galicia de Esmelle





Dúas probas en dous días e dobre vitoria para Saúl López na Copa Galicia de Ciclocrós. O monfortino do Maceda repetiu este sábado no circuíto ferrolán de Esmelle o éxito acadado na xornada anterior en Culleredo, impoñéndose de novo na carreira Elite e Sub-23. A raíña feminina na cuarta cita puntuable do certame autonómico foi a sub-23 Carla Fernández (Río Miera).