Ciclocross

Saúl López e María Jesús Barros estréanse no regreso da Copa Galicia en Culleredo





Despois de dúas semanas de paréntese, a Copa Galicia regresou nun dos circuítos con máis historia do ciclocrós autonómico. O parque de Acea de Ama acolleu este venres o III Trofeo Concello de Culleredo, unha cita organizada polo Club Ciclista Cambre e na que houbo dobre estreo triunfal nas carreiras raíñas. Saúl López (Maceda) e María Jesús Barros (Spol) conseguiron as súas primeiras vitorias da temporada.


Máis de 300 ciclistas participarán no III Ciclocrós Val de Esmelle





Esmelle acollerá este sábado o III Ciclocrós Val de Esmelle, cuarta proba puntuable para a Copa Galicia de Ciclocrós e na que participarán mais de 300 deportistas de categorías masculina e feminina, procedentes de toda Galicia. O evento deportivo converterá a Esmelle, e por tanto a Ferrol, no epicentro deste deporte.


Presentación do 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocross





Este luns tivo lugar o acto de presentación oficial do 3º Trofeo Concello de Culleredo de Ciclocrós, que se celebrará o vindeiro venres día 1 no Parque de Acea de Ama.


Isabel Castro e Ricardo Buba volven subir ao máis alto do podio en Elorrio





Dobrete para dous galegos na primeira fin de semana da Copa de España de Ciclocrós. O cadete Ricardo Buba (Coruxo) e a máster-50 Isabel Castro (Condado Bike) repetiron este domingo en Elorrio os triunfos acadados o día anterior en Llodio. Outros sete representantes da 'armada autonómica' asinaron postos de Top-10 no circuíto biscaíño.


Ricardo Buba e Isabel Castro dan as primeiras vitorias ao ciclocrós galego na Copa de España





Llodio deu este sábado o bandeirazo de saída á Copa de España de ciclocrós e no circuíto alavés dous galegos subiron ao máis alto do podio. Ricardo Buba (Coruxo) impúxose nos cadetes e Isabel Castro (Condado Bike) dominou nas máster. Ademais, Iván Feijoo (Nesta) e Irene Trabazo (XSM) remataron nas clasificacións sub-23 dentro duns top-10 con moita presenza estranxeira.


Feijoo estréase na Copa do Mundo rematando entre os 20 primeiros sub-23 en Berna





Coas cores do seu novo equipo Nesta-Skoda Alecar, Iván Feijoo fixo esta fin de semana en Berna a súa primeira aparición da temporada na Copa do Mundo de Ciclocross. O corredor alaricano obtivo a 18ª posición na clasificación sub-23 despois de sufrir unha caída no arranque da proba suíza.