Ciclocross

A "Armada" galega conquista o ciclocrós de Burgos





Gran parte do pelotón galego de ciclocrós desprazouse o fin de semana a terras burgalesas para tomar parte en dúas das probas do Circuíto Deputación da localidade castelá. A ampla representación da nosa comunidade fíxose notar deixando unha gran imaxe na competición e logrando un bo número de podios tanto en Medina de Pomar como Villarcayo.


Felipe Orts (Delikia) e Lucia González (Nesta) dan o seu mellor nivel no Cx Internacional de Marín





O ciclista alacantino Felipe Orts (Ginestar Delikia) foi o mellor sobre o barro de Marin. Orts completou as voltas ao circuíto de Chan de Xaxán cun ritmo ao que só puido responder desde a distancia Kevin Suarez (Nesta). Orts sumou así os seus primeiros puntos UCI coa vista posta na súa próxima cita internacional en Ardooie (Bélxica). A experiencia de Javier Ruiz de Larrigana (Zuiano) permitiulle ir de menos a máis en carreira e superar por escasa marxe ao galego Iván Feijoo (Maceda) co que mantivo un intenso duelo.


O Marín trae a Chan de Xaxán o mellor ciclocrós internacional





Hai que remontarse varias décadas atrás para lembrar a disputa dun trofeo de ciclocrós de nivel internacional en Galicia. O veterano Horacio Barros, Director Deportivo do Spol, é un dos afortunados que viviron aquelas probas en Pontevedra con presenza dos mellores ciclistas belgas, franceses e italianos desta disciplina. En pleno século XXI, é o Club Ciclista Marín quen volve a convocar unha cita internacional de nivel C2 de ciclocrós no Chan de Xaxan, o que permitirá ao pelotón galego medirse cos mellores representantes desta modalidade deportiva.


O XVIII Trofeo Rosón Asesores confirma aos líderes da Copa Galicia de Ciclocrós





A choiva fixo acto de presenza na segunda xornada do calendario galego de ciclocrós, o XVIII Trofeo Rosón Avogados & Asesores Tributarios organizado polo Club Ciclista Mobles Compostela. Esta circunstancia favoreceu que as carreiras estivesen máis preto do que se espera dunha proba desta modalidade e os participantes puideron medirse sobre o mesmo barro que o ano pasado coroou aos campións de Galicia. Unha semana despois da cita inaugural, os líderes que ssaliron dalí nas diferentes categorías confirmaron con vitorias as súas posicións.