Ciclocross

A secretaria xeral para o Deporte despediu á Selección de Galicia camiño do Campionato de España de Ciclocross





A Selección de Galicia puxo este xoves rumbo á localidade guipuscoana Legazpi, onde  este venres comeza o Campionato de España Loterías de Ciclocross, e antes de abandonar o territorio autonómico mantivo un encontro en Xinzo de Limia con Marta Míguez, secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.


Programa 13 da Copa Galicia: X Ciclocross Castelo de Maceda





Fai click neste enlace para ver o resumo do X Ciclocross Castelo de Maceda, Programa 13 da Copa Galicia de Ciclocross 2017.

 

Foto: Luz Iglesias


Iván Feijoo e Irene Trabazo coroáronse campións de Galicia de ciclocross en Santiago





O ciclocross galego puxo o broche de ouro a súa temporada cunha xornada que se recordará polas adversas condicións atmosféricas. Con alerta laranxa por chuvia e vento o circuíto santiagués do Estadio de San Lázaro acolleu o Campionato de Galicia na mañá do último día do ano. Os sub23 Iván Feijoo (Academia Postal – Actyon – MMR) e Irene Trabazo (Marín Ottoman) ratificaron a súa condición de grandes dominadores autonómicos desta modalidade sobre o enlamado trazado deseñado polo Clube Ciclista Compostelano - Muebles Compostela.


O barro garante o ciclocross máis épico no Campionato de Galicia deste domingo en Santiago





A previsión meteorolóxica para este domingo, día 31 de decembro, indica que as chuvias serán intensas durante toda a xornada. Agárdase moita auga, que sumada á caída dende o inicio desta semana, convertirá o circuíto santiagués do Estadio de San Lázaro nun escenario épico para a disputa da proba máis agardada do calendario autonómico de ciclocross: o Campionato de Galicia 2017.


Programa 12 da Copa Galicia de Ciclocross: I CX Cidade de Betanzos





Fai click neste enlace para ver o resumo do I CX Cidade de Betanzos, Programa 12 da Copa Galicia de Ciclocross 2017.

 

Foto: Luz Iglesias

 


Presentado o Campionato de Galicia de Ciclocross 2017





 Os arredores do Estadio de San Lázaro serán o escenario do circuíto onde se dispute na mañá deste domingo, 31 de decembro, o Campionato de Galicia de Ciclocross. A inscrición aínda segue aberta ata o xoves para unha proba que, á vista das previsións meteorolóxicas, promete espectáculo. Os detalles da carreira foron ofrecidos nunha rolda de prensa na que participaron a concelleira de Deporte, Noa Morales; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e o presidente do Club Ciclista Muebles Compostela, Manuel Paz.


Programa 11 da Copa Galicia de Ciclocross: I Trofeo Ciclocross Avanza – Concello do Porriño





Fai click neste enlace para ver o resumo do I Trofeo Ciclocross Avanza – Concello do Porriño, Programa 11 da Copa Galicia de Ciclocross 2017.

 

Foto: Luz Iglesias


Iván Feijoo e Isabel Castro triunfaron no peche da Copa Galicia de Ciclocross en Maceda





A terceira edición da Copa Galicia de Ciclocross celebrou a súa decimoterceira e última xornada na localidade ourensá de Maceda. Un total de 250 corredores participaron no 'X Ciclocross Castelo de Maceda', unha cita disputada con temperaturas pouco habituais para tratarse desta época do ano, ao redor dos 14-15 graos, e nun bo circuíto.


O Campionato de España de Ciclocross 2019 celebrarase na Illa das Esculturas de Pontevedra





Pontevedra acollerá na Illa das Esculturas  o Campionato de España de Ciclocross 2019, segundo aprobou a Comisión Delegada da Real Federación Española de Ciclsimo na súa última reunión. Esta cita celebrarase os días 11,12 e 13 de xaneiro e reunirá a máis de 800 deportistas. 

A designación da cidade do Lerez como sede deste evento foi posible grazas ao apoio do Concello de Pontevedra, en especial do seu alcalde, Miguel Anxo Fernández Lorez; da súa concelleira de Deportes, Anxos Riveiro; e de todo o equipo do instituto municipal de deportes.


Sete rankings da Copa Galicia de Ciclocross resolveranse en Maceda





Na última xornada da Copa Galicia de Ciclocross haberá moito en xogo. Despois de doce probas puntuables,  aínda non están resoltos matematicamente sete rankings do certame autonómico coordinado pola Federación Galega de Ciclismo. Este sábado o X Ciclocross Castelo de Maceda - Copa Deputación de Ourense dictará sentenza.