¿Xa tes a túa licenza federativa do 2019?
#Fedérate
logo_fgc_dibujo.gif
Seguro de Accidentes Deportivos
Seguro de Responsabilidade Civil
Descontos Exclusivos
Non o penses máis...
Asesoría Xurídica
¿Sabes o que é #MetroEMedio?
logo-fede.png
xunta-de-galicia.png
#PorUnaLeyJusta
arbi2.png
arbi-3.jpg
img_6482.jpg
¿Queres ser xuíz árbitro de ciclismo?
logofede.png

Accidente Deportivo

Toda a información sobre que facer en caso de accidente deportivo

Clasificacións

Consulta as clasificacións por probas das distintas competicións deportivas

Calendario

Calendario anual das distintas probas deporivas ordeado por modalidades

Zona Privada

Zona privada para a realización de xestións online para clubes e deportistas


Convocatoria da Selección de Galicia para o Campionato de España de Enduro en Moaña

A Selección de Galicia exercerá de anfitrioa no Campionato de España de Enduro - Toyota Nipocar 2019 e fárao con quince representantes. Os riders convocados para competir o 23 de xuño en Moaña (Pontevedra) son: 

 

Vídeo: Resumo do Campionato de Galicia CRI 2019

Fai click neste enlace para ver o resumo emitido pola Televisión de Galicia do Campionato de Galicia CRI 2019 

Nicolás Carrera retén en Vincios a súa coroa de campión de Galicia de Enduro

O Enduro Serra do Galiñeiro repartiu este domingo sete títulos de campións de Galicia e Nicolás Carrera repetiu éxito na clasificación absoluta. O sub23 do Bike Comp superou na parroquia gondomareña de Vincios aos elites Pablo Míguez (Bici O Con) e Rubén Rodríguez (Condado Bike). O máis rápido dos 168 participantes no evento organizado polo + Enduro MTB foi Jorge Panizo, pero o leonés do Tres Lunas Quereño non optaba á coroa autonómica. 

Trofeo Federación XCO: Pablo Álvarez acada unha vitoria con encanto en Baños de Molgas

O Trofeo Federación de cross country olímpico (XCO) realizou a súa cuarta e penúltima parada en Baños de Molgas. Neste concello ourensá celebrouse o pasado sábado o II Trofeo Estaciones Vivas, unha proba disputada nun circuíto cun encanto especial. Os bikers rodaron por un fermoso bosque autóctono onde Pablo Álvarez foi o gran triunfador. O sub23 do Cambre-Caeiro acadou a vitoria absoluta na carreira raíña e colocouse como novo líder da súa categoría. 

Copa Galicia Máster: Saúl Martín estrea o palmarés do Trofeo Cidade de Betanzos

Cun espectacular final en subida polo casco histórico bautizouse este domingo o Trofeo Cidade de Betanzos no calendario máster. Saúl Martín (Villaviciosa-Mayador) foi o gran triunfador nesta terceira e penúltima xornada puntuable da Copa Galicia. Cruzou a liña de meta en primeira posición e asaltou o liderado máster-30 do certame autonómico. 

Alexandre García conquistou a Copa Galicia Cadete en Viveiro

O 36º Gran Premio San Roque pechou o pasado sábado a Copa Galicia Cadete de estrada e Alexandre García (Redondela Il Piccolo) defendeu con éxito o seu maillot de líder na proba organizada polo Club Ciclista Viveiro.