montaje_maillot_camp_ciclocross.jpg
Xa dispoñible na
fondo.png
maillot.png
Nova Colección
#EuFágomeVer 2019
¿Xa tes a túa licenza federativa do 2020?
#Fedérate
logo_fgc_dibujo.gif
Seguro de Accidentes Deportivos
Seguro de Responsabilidade Civil
Descontos Exclusivos
Non o penses máis...
Asesoría Xurídica
¿Sabes o que é #MetroEMedio?
logo-fede.png
xunta-de-galicia.png
#PorUnaLeyJusta
arbi2.png
arbi-3.jpg
img_6482.jpg
¿Queres ser xuíz árbitro de ciclismo?
logofede.png

Accidente Deportivo

Toda a información sobre que facer en caso de accidente deportivo

Clasificacións

Consulta as clasificacións por probas das distintas competicións deportivas

Calendario

Calendario anual das distintas probas deporivas ordeado por modalidades

Zona Privada

Zona privada para a realización de xestións online para clubes e deportistas


A oficina da FGC permanecerá pechada o 24 e o 31 de decembro

O edificio da Casa do Deporte en Vigo non abrirá as súas portas durante as festas de Nadal e por ese motivo a oficina da Federación Galega de Ciclismo permanecerá pechada os días 24 e 31 de decembro. 

 

 

Tema: 

Iván Feijoo prepara cunha xira navideña por Bélxica e Francia a súa defensa do título en Pontevedra

Na conta atrás para o Campionato de España de Ciclocrós, que se celebrará en Pontevedra o 11 e o 12 de xaneiro, Iván Feijoo mide o seu estado de forma competindo xunto aos mellores especialistas do mundo. O vixente campión estatal sub-23 goza do Nadal enchéndose de barro en Bélxica e Francia. Catro probas en oito días son o seu menú para estas festas. 

Aprazada a XIII Carreira Ciclista do Pavo

Por mor das adversas condicións climatolóxicas, adíase a celebración da XIII Carreira Ciclista do Pavo que ía ter lugar este sábado no concello coruñés de Ames.

Tema: 

Os ciclocrós de Verín e Maceda quedan adiados para o 4 e o 5 de xaneiro

As adversas condicións climatolóxicas que están afectando a Galicia obrigan a aprazar as dúas últimas citas puntuables da copa autonómica de ciclocrós previstas para esta fin de semana. A primeira edición do Ciclocrós Vila de Verín, programada para este sábado, e a duodécima do Ciclocrós Castelo de Maceda, para este domingo, celebraranse finalmente o 4 e o 5 de xaneiro, respectivamente. 

Tema: 

Trescentos ciclistas participan no I Ciclocrós Vila de Verín

Esta mañá tivo lugar na casa consistorial a presentación oficial da primeira proba de Ciclocrós “Vila de Verín”, organizado polo Club Chinquena Racing Team en  colaboración do Concello de Verín, que terá lugar o sábado 21 de decembro, as 14:30 horas, e  no que participarán un total de 300 ciclistas. O acto contou coa presenza do alcalde de Verín, Gerardo Seoane, do director técnico da Federación Galega de Ciclismo, Guillermo Sande, dos organizadores, Javier Estévez e Roberto Rodríguez  e do corredor Abel Franco.

Chega a Ames a XIII Carreira Ciclista do Pavo, que se celebrará este sábado 21 de decembro

Este sábado, 21 de decembro, desenvolverase a partir das 16.00 horas, nos arredores do parque do río Ameneiral, en Bertamiráns, a décimo terceira edición da Carreira Ciclista do Pavo. Organizada pola Asociación Galega de Ciclistas, en colaboración coa Federación Galega de Ciclismo e co Concello de Ames, nela poderán participar tanto adultos como os máis pequenos da casa.