montaje_maillot_camp_ciclocross.jpg
Xa dispoñible na
fondo.png
maillot.png
Nova Colección
#EuFágomeVer 2019
¿Xa tes a túa licenza federativa do 2020?
#Fedérate
logo_fgc_dibujo.gif
Seguro de Accidentes Deportivos
Seguro de Responsabilidade Civil
Descontos Exclusivos
Non o penses máis...
Asesoría Xurídica
¿Sabes o que é #MetroEMedio?
logo-fede.png
xunta-de-galicia.png
#PorUnaLeyJusta
arbi2.png
arbi-3.jpg
img_6482.jpg
¿Queres ser xuíz árbitro de ciclismo?
logofede.png

Accidente Deportivo

Toda a información sobre que facer en caso de accidente deportivo

Clasificacións

Consulta as clasificacións por probas das distintas competicións deportivas

Calendario

Calendario anual das distintas probas deporivas ordeado por modalidades

Zona Privada

Zona privada para a realización de xestións online para clubes e deportistas


María Formoso: "A Illa das Esculturas non é simplemente un bonito escenario para o Campionato de España"

María Formoso é a técnica de Medio Ambiente do Concello de Pontevedra que segue de maneira atenta o estado da Illa do Cobo ou Illa das Esculturas na que terá lugar o próximo Campionato de España de ciclocrós.

“Trátase dun espazo moi delicado que xa se atopa degradado tras a celebración hai un mes doutra competición (a Copa de España) e por iso non se tocou á espera de que conclúa este Campionato”.

Tema: 

Guillermo Sande, seleccionador de Galicia: "A aposta polo ciclismo feminino diferencia a esta Selección"

-¿Con que expectativas encara a selección anfitrioa o Campionato de España de Ciclocrós?

-A nivel xeral, temos boa calidade de corredores en todas as categorías, pero os Campionatos de España son complicados. É unha proba de 50 minutos na que pode pasar calquera cousa. Trátase dunha carreira dun día, non é a Copa de España. Podes ser o gañador da xeral da Copa e no Campionato custarte moito estar entre os oito primeiros. A nosa ilusión é manter o nivel e conseguir o maior número posible de medallas.

Os 10 nomes propios elite e sub-23 do Campionato de España de Ciclocrós en Pontevedra

FELIPE ORTS

(Villajoyosa, 1995)

O vixente campión elite chega a Pontevedra tras facer historia no ciclocrós estatal. Por primeira vez un corredor español aparece no Top-10 do ranking da UCI. O seu rendemento esta temporada, e nos últimos anos, sitúa ao alacantino do Teika como o gran favorito ao título.

Maceda pechou a Copa Galicia de Ciclocrós con vitoria de Iván Feijoo e triunfo na xeral de Saúl López

Os mellores especialistas autonómicos brillaron este domingo no último test previo ao Campionato de España que a vindeira fin de semana se celebrará en Pontevedra. Os sub-23 Iván Feijoo (Nesta) e Irene Trabazo (XSM) venceron en Maceda nas carreiras raíñas da derradeira cita puntuable para a Copa Galicia. O outro gran triunfador foi Saúl López, que defendeu con éxito o maillot de líder elite na proba organizada polo seu club.

Iván Feijoo: “En Pontevedra agardo unha carreira táctica”

O corredor alaricano do Nesta – Skoda Alecar buscará revalidar no Campionato de España a coroa sub-23 que conquistou o pasado ano no circuíto da Illa das Esculturas.

- ¿Que recordo lle quedou do seu triunfo hai un ano na competición sub-23?

-Sobre todo, a cantidade de público que había. Sabía que o circuíto se me ía dar ben e ao final foi unha dura batalla con Jofre Cullell. Puiden facerme co título en Pontevedra, en Galicia, e quedei moi contento.

Todos os enlaces do Campionato de España de Ciclocrós

INSCRICIÓN PROBAS OFICIAIS

INSCRICIÓN CARREIRA DE PROMOCIÓN

INSCRICIÓN CARREIRA DA INCLUSIÓN

MAILLOT CONMEMORATIVO OFICIAL DO CAMPIONATO

Tema: