gif_unete_fed-con-carnet-1170x334-gallego.gif
#PorUnaLeyJusta
arbi2.png
arbi-3.jpg
img_6482.jpg
¿Queres ser xuíz árbitro de ciclismo?
logofede.png
¿Xa tes a túa licenza federativa do 2017?
#Fedérate
logo_fgc_dibujo.gif
Seguro de Accidentes Deportivos
Seguro de Responsabilidade Civil
Descontos Exclusivos
Non o penses máis...
Asesoría Xurídica

Accidente Deportivo

Toda a información sobre que facer en caso de accidente deportivo

Clasificacións

Consulta as clasificacións por probas das distintas competicións deportivas

Calendario

Calendario anual das distintas probas deporivas ordeado por modalidades

Zona Privada

Zona privada para a realización de xestións online para clubes e deportistas


Convocatoria de Axudas a Deportistas Galegos de Alto Nivel 2017

Diario Oficial de Galicia vén de publicar o anuncio do 10 de outubro de 2017 sobre a convocatoria de axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel, axudas DGAN 2017. Estas axudas son convocadas pola Fundación Deporte Galego en cumprimento do seu obxecto social que prevé o fomento do deporte de alta competición. Con esta nova convocatoria, que valorará os resultados obtidos en 2015 e en 2016, agárdase chegar a 586 deportistas de alto nivel (373 homes e 213 mulleres).

Tema: 

Iván Feijoo e Irene Trabazo redondearon a súa fin de semana triunfal en Ferrol

A Copa Galicia de Ciclocross tivo dous grandes dominadores durante a dobre cita celebrada na fin de semana en Ferrol. Iván Feijoo (Academia Postal - Actyon - Maceda) e Irene Trabazo (Marín Ottoman) repetiron este domingo no Club de Campo como gañadores das probas raíñas despois de terse imposto o sábado no Val de Esmelle. Os dous sub23 reforzaron os seus liderados nos rankings do certame autonómico. 

Iván Feijoo e Irene Trabazo inauguraron o palmarés do Ciclocross Val de Esmelle na Copa Galicia

As promesas máis firmes do ciclocross galego luciron o seu potencial na primeira edición do Ciclocross Val de Esmelle. Os sub23 Irene Trabazo e Iván Feijoo foron os incontestables vencedores nas probas raíñas da segunda xornada da Copa Galicia. Co seu triunfo en Ferrol a corredora do Marín Ottoman reforza o seu liderado na xeral do certame autonómico mentres que o ciclista do Academia Postal-Actyon-Maceda asaltou o primeiro posto da clasificación masculina aproveitando a ausencia do anterior líder Samuel González.

A Copa Galicia de Ciclocross ten unha dobre cita esta fin de semana en Ferrol

Despois de celebrar a súa proba inaugural o pasado 8 de outubro en Marín, a Copa Galicia de Ciclocross regresa esta fin de semana coa súa segunda e terceira xornada. O concello de Ferrol será o escenario desta dobre cita. O sábado disputarase o I Ciclocross Val de Esmelle e o domingo, o V Trofeo Ciudad de Ferrol.

Guía Ciclocross 2017-2018

A Guía Ciclocross 2017/18, recolle  a normativa Técnica Galega, Española e da UCI, funciona dunha forma simple e intuitiva, tanto no computador ou Tablet. No móbil  as súas características táctiles  fan moi fácil o seu uso, aínda que non necesita axuda, (uns pequenos exemplos).
A portada é o índice, dispón de tres F. Galega e F. Española e UCI, para ir a unha páxina tocas o logo ou a parte do índice onde interéseche ir,  para regresar ao índice tocas o logo da FGC. RFEC ou UCI dependendo do que toques che leva ao destino índice.

Tema: 

Os riders galegos colgáronse sete medallas no Campionato de España de BTT Enduro

Os especialistas galegos no BTT Enduro reafirmaron a súa condición de dominadores estatais desta modalidade no Campionato de España celebrado na localidade madrileña de El Atazar. O seu botín foi de sete medallas. Cinco deses postos de podio correspondéronlles a corredores da Selección de Galicia: Tony Pérez fíxose coa vitoria en Master-30B, mentres que o elite Rubén Rodríguez, o junior Nicolás Carrera, o master-30B Borja Caneiro e o master-50A Carlos José Táboas colgáronse o bronce nas súas categorías.