O Concello de Vigo pon en marcha a convocatoria de “Axudas a Deportistas Vigueses e Viguesas de Base de Modalidades Deportivas Individuais”.
Estas axudas van destinadas ao fomento da práctica deportiva e teñen coma finalidade a aposta polo deporte de base da cidade e o apoio as disciplinas nas que prima a competición individual.
Adxúntanse as bases e a documentación necesaria para a súa presentación na sede da Fundación VIDE ata o día 18 de novembro de 2019.
Co fin de facer balance da temporada 2019 e presentar propostas de cara o ano 2020, a Federación Galega de Ciclismo programa para o mes de novembro as seguintes reunións técnicas de Estrada e BTT:
Reunión de Mini DH e BTT-DH: Mércores, 6 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo
Reunión de clubes organizadores de BTT-Enduro: Luns, 11 de novembro - 20.30h a 22.30h - Casa do Deporte (Sede FGC), Vigo
Os especialistas galegos en ciclocrós despediron con bos resultados e sensacións o tríptico de probas catalanas puntuables para os rankings da Unión Ciclista Internacional (UCI). Na terceira destas citas de nivel C2, dous dos nosos representantes pisaron o podio en Vic.
Irene Trabazo repetiu vitoria na categoría Sub-23. Despois do día anterior terse imposto en Manlleu, a marinense do XSM cruzou a liña de meta en sétima posición da carreira raíña feminina, a 3:04 da vencedora Lucía González (Nesta), e con 1:08 de vantaxe sobre a segunda sub-23 Paula Suárez (Euskadi).
A Secretaría Xeral para o Deporte, a Secretaría Xeral de Igualdade e a Fundación Deporte Galego organizan este xoves, día 7, a primeira edición das xornadas "Di Non á Violencia de Xénero no Deporte". O salón de actos de actos da EGAP (Santiago de Compostela) acollerá dende as 17:00 horas esta iniciativa.
Catro corredores galegos están disputando durante esta ponte de novembro o tríptico de probas catalanas puntuables para os rankings da Unión Ciclista Internacional (UCI). Na segunda destas citas de nivel C2, disputada este sábado en Manlleu, os podios sub-23 tiveron a dous dos nosos representantes no máis alto.
Dúas probas en dous días e dobre vitoria para Saúl López na Copa Galicia de Ciclocrós. O monfortino do Maceda repetiu este sábado no circuíto ferrolán de Esmelle o éxito acadado na xornada anterior en Culleredo, impoñéndose de novo na carreira Elite e Sub-23. A raíña feminina na cuarta cita puntuable do certame autonómico foi a sub-23 Carla Fernández (Río Miera).