¿Sabes o que é #MetroEMedio?
logo-fede.png
xunta-de-galicia.png
¿Xa tes a túa licenza federativa do 2019?
#Fedérate
logo_fgc_dibujo.gif
Seguro de Accidentes Deportivos
Seguro de Responsabilidade Civil
Descontos Exclusivos
Non o penses máis...
Asesoría Xurídica
gif_unete_fed-con-carnet-1170x334-gallego.gif
#PorUnaLeyJusta
arbi2.png
arbi-3.jpg
img_6482.jpg
¿Queres ser xuíz árbitro de ciclismo?
logofede.png

Accidente Deportivo

Toda a información sobre que facer en caso de accidente deportivo

Clasificacións

Consulta as clasificacións por probas das distintas competicións deportivas

Calendario

Calendario anual das distintas probas deporivas ordeado por modalidades

Zona Privada

Zona privada para a realización de xestións online para clubes e deportistas


O XVIII Trofeo Rosón Asesores confirma aos líderes da Copa Galicia de Ciclocrós

A choiva fixo acto de presenza na segunda xornada do calendario galego de ciclocrós, o XVIII Trofeo Rosón Avogados & Asesores Tributarios organizado polo Club Ciclista Mobles Compostela. Esta circunstancia favoreceu que as carreiras estivesen máis preto do que se espera dunha proba desta modalidade e os participantes puideron medirse sobre o mesmo barro que o ano pasado coroou aos campións de Galicia. Unha semana despois da cita inaugural, os líderes que ssaliron dalí nas diferentes categorías confirmaron con vitorias as súas posicións.

Segunda cita para o ciclocrós galego co Trofeo Rosón Asesores en Santiago

O calendario galego de ciclocrós afronta un fin de semana con dúas probas de alto nivel: o venres, aproveitando o festivo nacional disputase no circuíto santiagués de San Lázaro unha nova edición do gran premio que organiza o equipo local do Mobles Compostela e o domingo no alto de Xaxán en Marín a primeira proba de carácter internacional que chega a Galicia da man do club ciclista Marín.

Publicación provisional candidatos membros Asamblea Xeral

Hoxe, 10 de outubro, en cumprimento do Calendario Electoral, procédese á publicación provisional de candidaturas a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros. O prazo para presentar reclamacións comeza o xoves, 11 ata o luns, 15 de outubro, utilizando o modelo oficial que atoparán no menú de Procesos Electorais. http://www.fgalegaciclismo.es/procesos-electorais ou Eleccións 2018.

Tema: 

Mila López (Ifit Galicia) gañou en Murcia a xeral final da Copa de España de Ciclismo Adaptado

A ciclista galega  Mila López (Ifit Galicia) logrou proclamarse gañadora da Copa de España de Ciclismo Adaptado categoría  WH4 e a falta dunha proba para concluír a competición. A “handbyker”  baionesa impúxose con autoridade nas dúas últimas carreiras celebradas nas localidades murcianas de  Aguilas e  Mazarrón que foron a sexta e sétima probas da Copa, ambas as organizadas polo Club Ciclista Prol Bike.

Feijoo (Maceda) e Trabazo (Marín) gañan o II CX Poio Movese e dan por inaugurada a tempada invernal

Iván Feijoo (Maceda) e Irene Trabazo (Marín Ence) foron os grandes dominadores da segunda edición do Trofeo de Ciclocros Poio Móvese, proba inaugural da tempada que tivo lugar nas instalacións da Seca no concello pontevedrés de Poio.

Prazo presentación candidaturas á Asamblea Xeral da FGC

Desde este venres, 5 de outubro ás 00:00 horas ata o martes, 9 de outubro ás 14:00 horas ábrese o prazo de presentación de candidaturas a membros da Asemblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo polos estamentos de clubs, deportistas, técnicos e árbitros.

Tema: