Novas

A boa sorte non acompañou ao junior Guillermo García na proba de fondo do Campionato do Mundo





Guillermo García non regresa con bo sabor de boca da súa experiencia no Campionato do Mundo de estrada en Bergen (Noruega). O junior pontevedrés buscou este sábado resarcirse da súa actuación na contrarreloxo individual, na que competiu mermado por un resfriado e rematou 39º, pero a boa sorte non o acompañou na proba de fondo. 


Convocatoria Asemblea Xeral Extraordinaria





Conforme ao disposto no artigo 10 dos Estatutos desta Federación, achegámoslle a convocatoria da Asemblea Xeral ordinaria, que terá lugar o sábado día 23 de setembro, as 16,00 horas, no Hotel Congreso, sito na 

Tema: 

Jorge Suárez reforzou en Ponteareas o seu liderado na Copa Galicia junior de estrada





A falta de tres xornadas para a conclusión da Copa Galicia junior de estrada, Jorge Suárez consolídase no máis alto do ranking. O corredor do Cidade de Lugo - Esturión defendeu con éxito o seu maillot de líder no Gran Premio Festas de Setembro - Memorial Emilio Rodríguez celebrado o pasado sábado en Ponteareas. O primeiro clasificado do certame autonómico ocupou a segunda praza na carreira dominada por Ivan Dias (Dipuleón - Bembibre).


Guillermo García, 39º no Campionato do Mundo de contrarreloxo junior





O debut de Guillermo García Janeiro no Campionato do Mundo de Ciclismo que se está disputando na cidade norueguesa de Bergen non foi o esperado.

O ciclista pontevedrés viu limitado o seu rendemento por mor dun arrefriado na contrarreloxo junior do Mundial, na que era o único representante español tras lograr hai poucas semanas o ouro no campionato estatal.


O quinto posto de Javier de la Fuente foi o resultado máis destacado dos galegos nos Campionatos de España master





Este domingo celébraronse na localidade cántabra de Colindres os Campionatos de España master de estrada con presenza de corredores de once equipos galegos na liña de saída. O máis destacado dos representantes autonómicos foi Javier de la Fuente (Norinver), que asinou a quinta praza na categoría master-50A.