Abel Franco sustitue a Alex Regueiro na Selección de Galicia sub23 nos nacionais





O seleccionador galego de sub 23, Guillermo Sande ven de facer unha modificación na convocatoria do combinado galego de sub23 que tomará parte nos próximos Campionatos de España na categoría sub23. Ainda que en principio fora convocado Alejandro Regueiro (Polartec Kometa), unha complicación médica do santiagués deixouno fora da lista e será Abel Franco (Froiz) quen ocupara o seu lugar.

A expedición galega partirá nas proximas horas co obxetivo de face un papel destacado nestes Campionatos.

O Campionato de España arrincará o venres 22 de xuño cunha contrarreloxo individual con saída e meta en Vall d'Alba. Pola mañá disputarase a proba de sub-23 cun percorrido de 20 km. O sábado 23 será a proba en liña con saída en Oropesa do Mar e chegada en Culla onde se habilitará un circuíto de montaña no que os sub-23 realizarán tres voltas, sumando un total de 160 km.

Toda a información relativa ao Campionato de España de Estrada podedes seguila en redes sociais a través do hashtag # CECastellón18.

CONVOCADOS:

Aaron Mariño Domínguez (Froiz)          Raúl González Correa (Aldro)

Cristian Mota Pérez (Aldro)                    Guillermo García Janeiro (Froiz) *

Abel Franco (Froiz)                                   Martín Bouzas Rey (Lizarte) *

Diego González Barreiro (Froiz)            Martín Fariña Caamaño (Cambre)

Jesús Rodríguez Pociña (Froiz)              * Corren la CRI