Aberto o prazo para solicitar o certificado de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel)





Tema: 

Xa está aberto o último procedemento deste ano para solicitar o recoñecemento da condición de DGAN (Deportista Galego de Alto Nivel):

Requisitos

a) Ter veciñanza administrativa en Galicia no momento da solicitude de recoñecemento e durante o goce dos beneficios derivados da mesma.

b) Ter máis de 16 anos na data na que se adopte a resolución de recoñecemento.

c) Estar en posesión dunha licenza deportiva vixente expedida por unha federación deportiva galega dunha modalidade olímpica, paralímpica ou de proxección internacional notoria, desde, polo menos, o 1 de xaneiro do ano anterior ao do recoñecemento.

d) Non estar a cumprir sanción disciplinaria deportiva firme de carácter moi grave, ou sanción administrativa firme en materia deportiva de carácter grave ou moi grave, no momento da solicitude de recoñecemento nin durante o goce dos beneficios derivados.

e) Acreditar o nivel deportivo esixido na modalidade practicada. Este nivel acreditarase segundo a Orde do 30 de maio de 2005 pola que se establecen os criterios para o recoñecemento dos deportistas galegos de alto nivel, en desenvolvemento do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro.

Prazo

01/11/2019 - 02/12/2019

Documentación para a presentación

Certificación da federación deportiva correspondente ao candidato na que se acredite o cumprimento dos requisitos establecidos no artigo 3, apartados c), d) e e), do Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, así como os resultados deportivos obtidos polo solicitante en competicións ou actividades oficiais durante os dous anos inmediatamente anteriores á solicitude polos que se solicita o recoñecemento, así como calquera outro aspecto que poida resultar relevante en atención ao fin perseguido.

Solicitude