Aberto o prazo para solicitar os Campionatos de Galicia 2019





Tema: 

Co fin de que os clubs organizadores dos distintos Campionatos poidan traballar coa suficiente antelación á data da súa celebración, queda aberto o prazo para a recepción de solicitudes dos autonómicos, que rematara o venres, 30 de novembro

Adxuntamos os formularios de solicitude dos Campionatos e as datas reservadas para a súa disputa. As datas foron actualizadas debido a coincidencias co calendario nacional que se publicou recentemente e coas eleccións municipais previstas para o 26 de maio do 2019. Como nos atopamos en período electoral os pregos de condicións serán remitidos aos interesados entre os meses de xaneiro e febreiro tras a súa elaboración e aprobación por parte da nova xunta directiva da FGC.