Aclaración respecto ao seguro deportivo de Xogade





Tema: 

Ante as dúbidas xurdidas sobre a cobertura na asistencia sanitaria do seguro deportivo 6/16 anos do programa Xogade que está activada, comunícannos desde a Secretaría Xeral para o Deporte que o seguro está en vigor conforme as cláusulas e condicións da póliza contratada pola Secretaría  Xeral. 

Ao tempo, lembrar que, evidentemente, o desenvolvemento de calquera práctica deportiva terá que suxeitarse ás limitacións de mobilidade de actividade establecidas polo estado de alarma decretado polo Goberno do Estado. 

Lembramos que os/as menores de 14 anos federados/as poderán practicar deporte de maneira individual e ao aire libre (non instalacións), nas franxas horarias establecidas dúas veces ao día, dentro do mesmo municipio e sen adestrador. É dicir, ten as mesmas prerrogativas que o resto de deportistas federados.