Aclaración sobre a cobertura do seguro dos federados





Tema: 

O mediador do seguro da Federación Galega de Ciclismo realiza a seguinte puntualización respecto á situación das pólizas de accidentes das federacións deportivas despois da declaración do estado de alarma.

O ámbito de cobertura do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma, restrinxe moito os supostos de cobertura respecto ao seguro obrigatorio dado que a práctica deportiva está prohibida en instalacións deportivas e no medio público. Neste sentido, a prestación aseguradora quedaría limitada ao adestramento en domicilio. Nestes casos, que non descartamos que sexa posible, vai ter que certificar a Federación que ese accidente responde o ámbito de cobertura do seguro obrigatorio.

Tamén preocupa a situación dos servizos asistenciais dos centros privados concertados respecto á emerxencia sanitaria actual xa que como sabedes estarán suxeitos cando así se lles requira, a atender as necesidades de reforzo dos servizos públicos de saúde que o Ministerio de Sanidade estime oportuno a en cada momento.

Ante esta situación tan delicada e con perspectiva de empeoramento nos próximos días, recomendamos a máxima prudencia e sentido común a cada un dos nosos Clientes sen prexuízo de que AXA cumprirá en con as súas obrigacións contractuais.