Acordo de colaboración entre as Federacións Galegas de Triatlón e Ciclismo





As Federacións Galegas de Tríatlon e Ciclismo asinaron o pasado día 3 de xaneiro un convenio de colaboración, para que as e os deportistas con licenza federativa de unha poidan participar en probas do calendario da outra federación. Este acordo resulta  beneficioso dende o punto de vista económico para os deportistas e abre uns lazos de colaboración entre ambas institucións, que poderán ir medrando no futuro.

Neste acordo, vixente para o ano 2018, establecéronse cales serán as probas abertas a deportistas da outra federación e cales son as condicións.

Así, os federados de ciclismo poderán participar nas seguintes probas do calendario da Fegatri:

  • IX Duatlon Cross Concello de Beariz.
  • VII Duatlon Cross Concello de Maside.
  • XII Duatlon Cross de Samieira – Concello de Poio.

No caso dos deportistas con licenza de tríatlon, poden participar nas seguintes probas de ciclismo:

 

A devandita participación  estará suxeira á normativa técnica de cada unha das federacións asinantes, que deberá contemplar a posibilidade de participar en probas deportivas a través da licenza dun día.

A federación organizadora da proba deportiva , recibirá da outra federación unha listaxe cos datos persoais dos deportistas interesados en participar, así como o importe das inscricións e da parte correspondente ao seguro deportivo, (2,20 € para as probas da FEGATRI e 5 € para as probas da FGC). Os deportistas deberá realizar a inscrición nas probas a través da súa propia federación, que será a encargada de remitir á organizadora a listaxe de inscritos antes das 24:00 horas do día laboral inmediatamente anterior ao peche das inscricións.

Por último, sinalar que será a federación responsable do evento a que, a través dos seguros que teña contratados, xestione e tramite os partes de accidente deportivo dos deportistas da outra federacion que participaron no devandito evento.

Inscricións

Para que os federados en ciclismo fagan a inscrición no primeiro duatlón cross da temporada, deben enviar cuberta a folla de inscrición (documento adxunto) e o xustificante de pago da inscrición máis os 2,20 euros ao seguinte enderezo de correo: federacion@fgalegaciclismo.es

Número de conta: Abanca ES22 2080 0573 1430 4000 1167

Documentos: