Acordos da Asemblea Xeral da FGC





O pasado sábado celebrouse no Hotel Congreso de Teo a Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclismo (FGC). Tras seis horas de reunión alcanzáronse os seguintes acordos:

  • Aprobada a xestión administrativa-económica do Presidente do ano 2016, o orzamento 2017, as obrigacións financieras (das que adxuntamos documento para a súa consulta) cos novos precios de licenzas, eliminación dos premios dos cadetes e juniors e novas táboas de premios nos Open de Galicia e Campionatos de Galicia BTT.
  • Aprobación do calendario deportivo coa ampliación do calendario de Escolas, desde o primeiro fin de semana de abril ata o primeiro de outubro, ambos inclusive.
  • As Normativas Técnicas tamén  foron aprobadas coas seguintes novidades: en estrada permitirase a participación conxunta de juniors con masters, e a participación de ciclistas de fora da CCAA nos Campionatos de Galicia Estrada.
  • En BTT acordouse: a inclusión de premios en metálico para o Maratón, nova categoría Enduro nas probas de Descenso e nova categoría Amateur, penalizacións e normas de recoñecemento dos circuitos para as probas de Enduro.

 

Nos próximos días estarán preparadas as Normativas Técnicas 2017 para a súa consulta.