Aliñación da Selección de Galicia para a proba Team Relay do Campionato de España de Ciclocross





Este venres, día 12 de xaneiro, a Selección de Galicia defenderá no circuíto guipuscoano de Legazpi o título de campioa de España de ciclocross na proba Team Relay. Os seis corredores elixidos polo seleccionador Guillermo Sande para participar nesta carreira de remudas por equipos que arrancará ás 16:00 horas son: o cadete Miguel Rodríguez Novoa (Ponteareas), o júnior Carlos Canal Blanco (Academia Postal - Actyon - MMR), o sub23 Samuel González Carrera (Salvaterra), o elite Darío Manuel Otero Pampín (Muebles Compostela), a sub23 Irene Trabazo Bragado (Marín Ottoman) e o máster-30 Luciano Jesús Carretero Sánchez (Cambre Renault Caeiro).