Alves levouse a Copa Galicia Júnior dende O Rosal para Portugal





Modalidades: 

O ciclismo luso dominou de principio a fin na Copa Galicia de Estrada Júnior 2019. Nas tres probas puntuables a vitoria correspondeu a un corredor portugués e a xeral final tamén se marchou para o país veciño. Marco Antonio Alves (Tensai) defendeu con éxito o seu maillot de líder o pasado sábado no XIV Trofeo Montes do Rosal. 

Gañador da cita inaugural en Carballo, o ciclista que chegaba á fronte do ranking fixo valer o poderío do seu equipo na última xornada. Dos cinco primeiros clasificados na carreira organizada polo Club Ciclista O Rosal, catro pertencen ao Tensai. O primeiro en cruzar a liña de meta foi Renan Quadri e a segunda posición asinouna o líder Alves.

No medio da demostración deste conxunto da localidade de Viana do Castelo fíxose un oco Manuel Sampedro (Cambre Caeiro), que obtivo o terceiro posto. O representante da formación coruñesa tamén subiu ao podio final da Copa Galicia. Ocupou o segundo chanzo ao sumar 35 puntos na clasificación xeral. Alves superouno en dez puntos e terceiro rematou Quadri con 25. 

 

Foto: Club Ciclista O Rosal 

Documentos: