Aprobados a maioría dos puntos na Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclicmo





A Asemblea Xeral amosou o seu apoio á maioría das cuestións que se someteron a votación na xuntanza ordinaria da Federación Galega de Ciclismo celebrada onte, sábado 20 de febreiro, no Hotel Congreso. Entre outros puntos, foron aprobados o orzamento, as taxas arbitrais e o calendario para o 2016. A proposta que non obtivo o respaldo suficiente foi a resolución do expediente da bicicleta entregada por Carlos Moure.

Antes desta reunión, celebrouse unha charla coloquio do colectivo arbitral galego que contou coa presenza de Rafael Coca, presidente do Comité Técnico de Árbitros da Real Federación Española de Ciclismo.