Arnoia Termal Bike presenta a súa fórmula de turismo deportivo para Ourense





Tema: 

Arnoia é unha das Vilas Termais referencia da provincia de Ourense; un dos Centros Termais máis importantes de Europa e moi vinculado ao ciclismo de estrada nos últimos anos como patrocinador da Volta Ciclista a España, sede da súa presentación no ano 2016 e lugar de paso de varias etapas nos últimos anos.

Tras estas experiencias vinculadas ao deporte das dúas rodas, un dos legados desta aposta de promoción do destino foi a posta en marcha do proxecto de turismo deportivo bautizado como Arnoia Termal Bike Km0.

Trátase dun produto de turismo deportivo liderado polo concello de Arnoia e o Grupo Hostaleiro Caldaria, propietario do Hotel-Balneario de Arnoia, que aposta pola promoción e comercialización deste territorio como destino termal- sport, fusionando a práctica do ciclismo de estrada e a cultura termal como unha nova fórmula de produto turístico.

Un total de 11 rutas orientadas a usuarios de diferentes niveis: afeccionados, semi-profesionais e profesionais, que suman máis de 1.000km xeorreferenciados. Rutas deseñadas e avaladas por ciclistas profesionais que che permitirán descubrir a diversidade paisaxística da provincia de Ourense, así como o norte de Portugal e o sueste da provincia de Pontevedra. Desde unha ruta clásica polas Vilas Termais de Arnoia, Ourense e Cortegada ata o desafío de rutas máis longas como a ascensión a Castro Laboreiro en plena Serra do Gêres en Portugal ou o Canón do Sil na Ribeira Sacra. Tan fácil como descargar as rutas na túa GPS e gozar dunha experiencia coa túa bici que vai máis aló da práctica deportiva.

O Hotel-Balneario de Arnoia é o punto de acollida deste novo proxecto de cicloturismo, que conta coa certificación “ Bikefriendly" e ofrece servizos complementarios para os ciclistas, así como de saúde, durante o adestramento e en fases de recuperación. Este proxecto conta con 3 embaixadores de excepción que xa puideron probar o potencial ciclista deste territorio así como gozar das instalacións do Hotel-Balneario.
Monika Rad, ciclista alemá, fincada en Mallorca e que traballa para varias marcas así como lidera varios proxectos vinculados ao ciclismo a nivel internacional. Este ano o seu gran desafío será “ thevueltaride”, realizando todas as etapas da Volta a España un par de horas antes que os profesionais.

Gustavo Rodriguez, triatleta galego, ex-ciclista profesional nas filas do equipo Xacobeo Galicia, e cun dos mellores curriculums nacionais en tríatlon de longa distancia e que prepara este ano a súa participación no mundial de tríatlon no Iroman de Hawaai.

E Jacobo Ucha, un mozo ciclista profesional galego que compite en Portugal e que tras o seu paso pola canteira do equipo Caixa Rural, aspira a competir nas grandes voltas.

Fonte © Arnoia Termal Bike Km0