Arranca o V Circuíto Deputación da Coruña de BTT-XC





Este sábado ponse en marcha no XII Trofeo BTT Concello de Arteixo o V Circuíto Deputación da Coruña de BTT-XC. 

Os seus requisitos serán os mesmos que os da pasada edición. O Open de Galicia - Anova XCO e o V Circuíto Deputación da Coruña de BTT-XC transcorrerán de xeito paralelo,  puntuando ao mesmo tempo todos os corredores galegos para ambos. O mellor corredor coruñes de cada categoría será o portador da camisola azul da Deputación nas probas da provincia da Coruña. 

Na última proba do V Circuito Deputación da Coruña de BTT-XCO entregaranse os premios correspondentes aos vencedores finais de cada categoría, premios aos que optarán todos os corredores galegos e os maillots dos líderes finais do certamen da provincia da Coruña.

O calendario é o seguinte: 

XII TROFEO BTT CONCELLO DE ARTEIXO 22/04/2017 Lugar: ARTEIXO - Club organizador: ARTEIXO-MB3 C.C.

VI TROFEO CASTRO BARBUDO BTT-XC 13/05/2017 Lugar: RIANXO - Club organizador: CASTRO BARBUDO P.C.

II XCO CAIMANES BETANZOS 20/05/2017 Lugar: COIRÓS - Club organizador: CAIMANES BETANZOS C. BTT

IV XC MONTEFARO 27/05/2017 Lugar: MUGARDOS - Club organizador: DEL MAR DE MUGARDOS C.

I BTT XCO LEDOÑO 03/06/2017 Lugar: CULLEREDO - Club organizador: CAMBRE C.C.

I TROFEO XCO CONCELLO DE OROSO 17/06/2017 Lugar: OROSO -  Club organizador: TAMBRE BIKE C.C.