Asamblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Ciclismo





Tema: 

Este sábado, día 10 de febreiro, a Federación Galega de Ciclismo celebrará a Asamblea Xeral Ordinaria ás 16:00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda convocatoria no Hotel Congreso, sito na rúa das Mámoas de Montouto 4, na estrada de Santiago á Estrada. 

A orde do día será a seguinte: 

1.- Aprobación, se procede, da acta da reunión anterior: Asamblea Xeral Ordinaria do 16 de decembro 2017  

  2.- Aprobación, se procede, das Contas 2017

a) Informe da Comisión Delegada

b) Exposición das Contas

  3.- Estudo e aprobación, se procede, das Normativas Técnicas 2018.

  4.- Estudo e aprobación, se procede, do Regulamento de carreiras Ciclismo para todos.

  5.- Rogos e preguntas.