Asamblea Xeral Ordinaria da FGC





Este sábado, día 16 de febreiro, a Federación Galega de Ciclismo celebrará a Asamblea Xeral Ordinaria ás 16:00 horas en primeira e ás 16.30 horas en segunda convocatoria no Hotel Congreso, sito na rúa das Mámoas de Montouto 4, na estrada de Santiago á Estrada. 

A orde do día será a seguinte: 

           1.- Aprobación da acta da reunión anterior: Asemblea Xeral Ordinaria do 10 de febreiro 2018

           2.- Aprobación das Contas anuais do exercicio 2018

                a) Exposición das Contas

                b) Informe da Comisión Delegada

           3.- Aprobación da xestión do Presidente

                a) Memoria das actividades realizadas en 2018

                b) Informe da Comisión Delegada

            4.- Aprobación do Orzamento Anual do exercicio 2019

                a) Exposición do Orzamento

                b) Informe da Comisión Delegada

             5.- Estudo e aprobación das Obrigacións Financeiras 2019.

             6.- Estudo e aprobación do Calendario Deportivo 2019.

             7.- Estudo e aprobación da Normativa Técnica FGC 2019

             8.- Varios, Rogos e Preguntas

 

Reunión Comisión Delegada

Por outra banda, hoxe, as 20.30 horas, a Comisión Delegada reunirase na sede da FGC, para tratar entre outros temas, a elaboración dos informes a presentar a Asamblea Xeral.