Aviso para evitar aglomeracións no acceso á Gala do Ciclismo Galego 2018





Tema: 

Por mor do protocolo de seguridade, recoméndase a todos os asistentes á Gala do Ciclismo Galego 2018 que se acheguen con bastante antelación este sábado pola tarde á Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada para evitar aglomeracións. O acto comeza ás 19:30, pero dende as 17:30 xa se poderá acceder a estas instalacións. 

Á entrada da academia efectuarase un control de identificación. Todos os asistentes teñen que ter confirmada a súa presenza para aparecer na lista de convidados e levar consigo un documento identificativo. 

Lémbrase que dentro destas instalacións haberá dispoñible un servizo de cafetería.