Avisos

O Campionato de Galicia BTT-Maratón o 23 de setembro en Vilalba





Finalmente, o mes de setembro acollerá os dous Campionatos de BTT dedicados a longa distancia. Debido ao adiamento da primeira data no mes de xuño, o Campionato de Galicia Cross Country Maratón terá lugar o domingo 23 na localidade de Vilalba, baixo a organización do Vilalba-As Pontes, C.C. Xusto o fin de semana anterior, o domingo 16, celebrarase o Campionato de Galicia Cross Country Ultramaratón en Lalín organizado polo Extol-A Gramola Team, C.D. sendo á súa vez, a última proba puntuable do Open de España 2018.

Tema: 

Comunicado da FGC a Copa Galicia BTT-Maratón





Dende a Federación Galega de Ciclismo (FGC) comunicamos o noso pesar e desacordo co aprazamento de data da proba "BTT Trevinca Open Valdeorras" programada para a súa celebración o día, 24 de xuño 2018. A data foi aprobada en Asemblea Xeral da FGC o día 16 de decembro 2017, e anunciada como proba puntuable para a Copa Galicia BTT-Maratón 2018 o día 5 de febreiro 2018 na nosa páxina web. Creemos que con tempo suficiente para facer as xestións adecuadas por parte da organización da proba. 

Tema: 

Convocatoria de subvencións deportivas da Deputación da Coruña





A Deputación Provincial da Coruña fixo publica a convocatoria de dous programas de subvencións á entidades deportivas. Por unha banda as referidas á realización de actividades de fomento da actividade física. A Deputación ten disposto para estas axudas un orzamento total de 300.000 con aportacións que irán entre un mínimo de 1.000€ e un máximo de 30.000€

Tema: 

A Xunta lanza a campaña «Qué e metro e medio?»





 

Un metro e medio non só é a distancia mínima obrigatoria que deben deixar os condutores cando van adiantar a un ciclista, é tamén a garantía de non sufrir un accidente destes usuarios vulnerables das estradas e a diferenza, en moitos casos, entre a vida e a morte. «Que  é metro e medio?» é tamén o lema da nova campaña que a Consellería de  Infraestruturas lanza xunto coa Federación  Galega de Ciclismo.

Tema: 

O Campionato de Galicia BTT-Maratón aprazado





Lamentablemente, temos que comunicar o adiamento do Campionato de Galicia Cross Country Maratón (XCM) programado para o domingo, 3 de xuño. Por diversos motivos da organización, alleos a Federación Galega de Ciclismo, a proba queda aprazada para o mes de setembro na data que confirmaremos nos próximos días. Sentimos as molestias ocasionadas.

Tema: 

A oficiña pechada pola ponte do Día das Letras Galegas





O venres 18 de maio, co motivo da festividade do Día das Letras Galegas, a oficiña da Federación Galega de Ciclismo non abrirá as súas portas. O luns volverá estar a súa disposición no seu horario habitual. 

Tema: 

Novas dos Campionatos de Galicia Fondo en Estrada Máster e Enduro





Vigo e Baños de Molgas son as sedes definitivas para a celebración dos Campionatos de Galicia 2018 que quedaban pendentes de asignación. Estes son os datos:

DOMINGO, 10 DE XUÑO

CAMPIONATO DE GALICIA ENDURO

Club organizador: SINGLETRACK OUTDOOR SPORTS

Ademáis do Campionato, o VigoBikeContest, será a última proba puntuable para a Copa Galicia Enduro 2018.

 

DOMINGO, 26 DE AGOSTO 2018 (Nova data)

CAMPIONATO DE GALICIA FONDO EN ESTRADA MÁSTER

Tema: 

ORDE DE SAÍDA DO CAMPIONATO DE GALICIA DE CRI





Xa se pode consultar a orde de saída do Campionato de Galicia de CRI que se disputará en Cerceda o xoves 17 de maio a partir das 09:30 da mañá. Nesta edición e debido á alta participación, os corredores da categoría master e as mulleres tomarán a saída cunha diferenza de 30 segundos entre participantes. A partir da categoría cadete a secuencia de saída será cada minuto. Os corredores de categoría elite sairán os últimos neste certame sendo o vixente Campión, Aser estevez (Cortizo- Anova) o último corredor en saír.

Tema: 

Cancelado o I XCM Estaciones Vivas





O próximo día 29 a Fundación Ado Moure xunto co Orensano C.C. tiña previsto organizar o I Trofeo Estaciones XCM puntuable para a Copa Galicia de XCM da Federación Galega de Ciclismo. Visto unha vez pechada as inscricións estas non chegan a un mínimo aceptable para poder realizar a proba. Vémonos na obrigación de suspendela. Quixemos esperar ata o último momento a ver se a participación crecía, pero baixo estas condicións non podemos mobilizar o necesario para realizar unha proba na que participarán menos de 70 corredores.

Tema: 

A Federación Galega de Ciclismo estrea conta en Instagram





Temos Twitter, Facebook e agora tamén Instagram.

Busca a conta federaciongalegadeciclismo e comeza a seguirnos!

Tema: