Avisos

Vídeo: Resumo do Campionato de España de Ciclocrós 2020





Fai click nesta ligazón para ver o resumo emitido en Teledeporte do Campionato de España de Ciclocrós 2020 celebrado en Pontevedra.

Tema: 

Condolencias pola morte de Agustín Ares Pérez





A Federación Galega de Ciclismo expresa o seu máis sentido pésame polo falecemento de Agustín Ares Pérez, socio fundador do Club Ciclista Betanzos, membro da súa primeira directiva e pai do director deportivo Tino Ares. A FGC envía as súas condolencias e unha cariñosa aperta para os seus familiares, amigos e a todos os membros do club betanceiro. 

D.E.P.

Tema: 

Calendarios de Estrada e BTT para o 2020





A Federación Galega de Ciclismo xa conta con calendarios definitivos de Estrada e BTT para a temporada 2020 despois de ser aprobados por unanimidade o pasado 7 de decembro na Asemblea Xeral Ordinaria.

A partir de agora, as modificacións ou as probas que se queiran engadir terán que recibir luz verde por parte da Comisión Delegada da FGC. 

Adxuntamos ambos documentos para a súa consulta.

Tema: 

Subvencións a entidades deportivas convocadas pola Secretaría Xeral para o Deporte





Infórmase de que o pasado venres, 10 de xaneiro, publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas para o desenvolvemento de actividades.

O prazo de solicitude remata o 10 de febreiro

Tema: 

Pésame polo falecemento do pai de Jorge García





A Federación Galega de Ciclismo quere transmitirlle as súas máis profundas condolencias ao xuíz árbitro Jorge García tras o falecemento do seu pai. 

D.E.P.

Tema: 

Revista oficial do Campionato de España de Ciclocrós 2020





Revista oficial do Campionato de España de Ciclocrós 2020. Toda a información sobre o evento que se celebrará esta fin de semana na Illa das Esculturas. 

Descárgaa facendo click no documento adxunto.

 

 

Tema: 

Todos os enlaces do Campionato de España de Ciclocrós





INSCRICIÓN PROBAS OFICIAIS

INSCRICIÓN CARREIRA DE PROMOCIÓN

INSCRICIÓN CARREIRA DA INCLUSIÓN

MAILLOT CONMEMORATIVO OFICIAL DO CAMPIONATO

Tema: 

Validez e funcións da Licenza Dixital





Durante a reunión mantida o pasado 25 de setembro na que tratamos a campaña de licenzas 2020 indicouse que desde a RFEC desenvolveríase a plataforma para que calquera federado tivese na súa zona privada a licenza dixital. Deste xeito seguiamos as indicacións UCI que permiten a emisión da licenza dixital sempre que esta sexa a través dun sistema que permita a acreditación da validez da licenza en tempo real. Neste caso, a nosa plataforma ofrece as suficientes garantías para desenvolver e implementar a licenza dixital, xa que está conectada co servidor UCI.

Tema: 

Seguros e protocolos de actuación no caso de accidente deportivo para a temporada 2020





Con motivo do comezo da nova temporada, informamos das novas pólizas e protocolos de actuación dos seguros de accidentes que darán cobertura aos federados durante o 2020.

Os dous números de teléfono de urxencias figuran no reverso da licenza

- Seguro de accidentes de menores de 6 anos e maiores de 16 anos.

Tema: 

Todos os enlaces do Campionato de España de Ciclocrós





INSCRICIÓN PROBAS OFICIAIS

INSCRICIÓN CARREIRA DE PROMOCIÓN

INSCRICIÓN CARREIRA DA INCLUSIÓN

MAILLOT CONMEMORATIVO OFICIAL DO CAMPIONATO

Tema: