Avisos

Asamblea Xeral Extraordinaria da FGC





Este sábado, 14 de xullo, as 10.00 horas en primeira e as 10.30 en segunda convocatoria terá lugar a Asamblea Xeral Extraordinaria da FGC no Hotel Congreso de Teo co seguinte orde do día:

1.- Estudo e aprobación, se procede, do Calendario Deportivo Ciclocross 2018-2019

2.- Estudo e aprobación, se procede, da Normativa Técnica Ciclocross 2018-2019

3.- Lectura Informe Auditoría 2017

4.- Aprobación, se procede, do Calendario Electoral 2018

5.- Aprobación, se procede, do Reglamento Electoral 2018

6.- Nombramento da Xunta Electoral

Tema: 

A carreira de Igollo non é puntuable para o Trofeo AsturCantabroGalego





Lémbrase a todos os clubs que a proba deste mércores en Igollo de Camargo (Cantabria) non é puntuable para o Trofeo AsturCantabroGalego.

Tema: 

A TVG2 emitirá os resumos do Campionato de Enduro e da Volta ao Ribeiro esta fin de semana





A Televisión de Galicia 2 emitirá este fin de semana dúas probas do calendario galego de competición celebradas recentemente. O sábado 30, entre as 21:10 a 21:25 será a quenda do Campionato de Galicia de Btt Enduro e o domingo día 1 emitirase o resumo da Volta ao Ribeiro 2018 de elite- sub23 entre as 17:47 e as 18:00 horas.

Tema: 

Reunión de Ciclocross





Ante o próximo comezo da temporada de Ciclocross 2018/2019, convocamos os todos os clubes interesados a unha reunión que terá lugar hoxe, venres 22 de xuño as 19.00 horas, na sede da Delegación Galega de Fútbol, sita no Estadio Multiusos de San Lázaro, de Santiago de Compostela, coa seguinte orde do día:

- Normativa de Ciclocross

- Elaboración do calendario galego da temporada de Ciclocross

- Axudas e posibles convenios para a realización de probas

- Información sobre o calendario nacional e autonómicos

Tema: 

A UCI aproba o uso dos freos de disco en probas de estrada





O Comité de Xestión da Unión Ciclista Internacional (UCI) aprobou a Axenda 2022, que inclúe entre outras medidas a aprobación do uso de freos de disco para probas de estrada e BMX, unha decisión que se fará efectiva a partir do próximo mes de xullo. A decisión da UCI avala a medida tomada no seu día pola Federación Galega de Ciclismo de permitir o seu uso e dá a razón á súa proposta presentada hai meses na Comisión da RFEC.

Tema: 

O Campionato de Galicia BTT-Maratón o 23 de setembro en Vilalba





Finalmente, o mes de setembro acollerá os dous Campionatos de BTT dedicados a longa distancia. Debido ao adiamento da primeira data no mes de xuño, o Campionato de Galicia Cross Country Maratón terá lugar o domingo 23 na localidade de Vilalba, baixo a organización do Vilalba-As Pontes, C.C. Xusto o fin de semana anterior, o domingo 16, celebrarase o Campionato de Galicia Cross Country Ultramaratón en Lalín organizado polo Extol-A Gramola Team, C.D. sendo á súa vez, a última proba puntuable do Open de España 2018.

Tema: 

Comunicado da FGC a Copa Galicia BTT-Maratón





Dende a Federación Galega de Ciclismo (FGC) comunicamos o noso pesar e desacordo co aprazamento de data da proba "BTT Trevinca Open Valdeorras" programada para a súa celebración o día, 24 de xuño 2018. A data foi aprobada en Asemblea Xeral da FGC o día 16 de decembro 2017, e anunciada como proba puntuable para a Copa Galicia BTT-Maratón 2018 o día 5 de febreiro 2018 na nosa páxina web. Creemos que con tempo suficiente para facer as xestións adecuadas por parte da organización da proba. 

Tema: 

Convocatoria de subvencións deportivas da Deputación da Coruña





A Deputación Provincial da Coruña fixo publica a convocatoria de dous programas de subvencións á entidades deportivas. Por unha banda as referidas á realización de actividades de fomento da actividade física. A Deputación ten disposto para estas axudas un orzamento total de 300.000 con aportacións que irán entre un mínimo de 1.000€ e un máximo de 30.000€

Tema: 

A Xunta lanza a campaña «Qué e metro e medio?»





 

Un metro e medio non só é a distancia mínima obrigatoria que deben deixar os condutores cando van adiantar a un ciclista, é tamén a garantía de non sufrir un accidente destes usuarios vulnerables das estradas e a diferenza, en moitos casos, entre a vida e a morte. «Que  é metro e medio?» é tamén o lema da nova campaña que a Consellería de  Infraestruturas lanza xunto coa Federación  Galega de Ciclismo.

Tema: