Avisos

Retransmisión en streaming da 2ª etapa da Volta a Galicia





As etapas da Volta a Galicia poderán seguirse en streaming a través da canle de YouTube de EME Sports: https://www.youtube.com/watch?v=t3L2j8KpHcA


Calendario e Normativa Técnica Ciclocross 2019-2020





Tras a celebración da Asamblea Xeral Extraordinaria, que tivo lugar o pasado xoves, 12 de setembro, en Santiago de Compostela cos dous únicos puntos na orde do día: Estudo e aprobación do calendario deportivo Ciclocross 2019-2020 e Estudo e aprobación da Normativa Técnica FGC: Título IV. Probas de Ciclocross 2019-2020, dase publicación ao calendario oficial e normativa da nosa comunidade.

No referente ás novidades da Normativa Técnica FGC. Título IV. Probas de CX destacamos as seguintes:

- Creación dunha 4ª saída nas probas en horario de mañá

Tema: 

Pesar polo falecemento da nai de Enrique Salgueiro Alonso





A Federación Galega de Ciclismo envía as súas máis sinceras condolencias e todo o seu cariño a Enrique Salgueiro Alonso e a súa familia polo falecemento durante a fin de semana da nai do director deportivo do Guerciotti-Kiwi Atlántico. DEP

 

 

Tema: 

A oficina da FGC permanece pechada ata o luns 19 de agosto





Por mor do festivo estatal do xoves 15 e do local en Vigo do venres 16, a oficina da Federación Galega de Ciclismo (FGC) permanecerá pechada no que resta da semana. Reabrirá as súas portas o luns, día 19, no seu horario habitual de verán. 

Tema: 

Convocatoria subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel na tempada deportiva 2018/2019





Convocatoria específica para o desenvolvemento do proxecto de subvencións orientadas a potenciar programas de participación de deportistas da cidade de Vigo en competicións oficiais de alto nivel na tempada deportiva 2018/2019

Convocatoria: Prazo solicitudes: 01/08/2019 - 23/08/2019

Requisitos Deportistas

Tema: 

Nova colección #EuFágomeVer na Tenda Oficial da FGC





A campaña de seguridade #EuFágomeVer aposta pola cor flúor na nova colección 2019 de prendas confeccionadas pola firma OttoBosley. Estes maillots, culottes, chalecos e calcetíns buscan aumentar a visibilidade dos ciclistas e xa están dispoñibles na Tenda Oficial da Federación Galega de Ciclismo.

A calidade dos deseños é tope de gama dentro do catálago de OttoBosley. As prendas #EuFágomeVer pertencen á liña Modena, garantía de confort e axuste perfecto ao corpo.

Tema: 

A campaña 'Eu Fágome Ver' chega este sábado a Noia





Co obxecto de impulsar o uso de pezas de alta visibilidade entre os ciclistas para mellorar a súa visibilidade ante os demais condutores de vehículos, a campaña de seguridade 'Eu Fágome Ver' repartirá chalecos retroreflectantes, doados pola Xunta de Galicia, este sábado 27 de xullo no municipio coruñés de Noia.


Cancelado o III Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra





O Club Ciclista Farto anuncia co seguinte comunicado a suspensión do III Gran Premio Rogelio Acuña: "El CC Farto se ve obligado a cancelar el III Gran Premio Rogelio Acuña Cidade de Pontevedra que se iba a celebrar este sábado 13 de julio, debido a motivos de seguridad y discrepancias, alegados por la Policía Local de Pontevedra ya que solo cuenta con ocho efectivos.

Tema: 

Reunión de ciclocross para clubes e organizadores o xoves 11 de xullo





Ante o próximo comezo da temporada de ciclocross 2019/2020, a Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubes interesados a unha reunión que terá lugar o xoves, 11 de xullo, as 19.00 horas, na sede da Delegación Galega de Fútbol, sita no Estadio Multiusos de San Lázaro, de Santiago de Compostela. Os puntos a tratar serán os seguintes:

- Elaboración do calendario galego 

- Información sobre o calendario nacional e autonómicos

Tema: 

A Gardia Civil e a Federación Galega de Ciclismo repartirán chalecos aos ciclistas na ruta protexida do Sol, no Grove





Co obxecto de impulsar o uso de pezas de alta visibilidade entre os ciclistas para mellorar a súa visibilidade ante os demais condutores de vehículos, os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil na provincia de Pontevedra teñen previsto a distribución de chalecos retroreflectantes, doados pola Xunta de Galicia, nas distintas “Rutas Ciclistas Protexidas” que discorren pola provincia. 

Tema: