Avisos

Foto na licenza 2020





Desde as federacións autonómicas, co apoio da RFEC, vaise adoptar unha das últimas novidades recollidas na normativa UCI e que fai referencia ao deseño da licenza federativa: a licenza 2020 deberá ter unha fotografía do federado/a tipo carné impresa na propia tarxeta física.

Tema: 

Acreditacións de prensa para a Copa de España de Ciclocrós en Pontevedra





Os medios de comunicación (redactores, fotógrafos e cámaras de TV) que desexen cubrir este domingo o Gran Premio Cidade de Pontevedra, penúltima proba da Copa de España 2020, teñen que solicitar a súa acreditación de prensa enviando o formulario adxunto á dirección de correo electrónico protocolo@fgalegaciclismo.es

 

Tema: 

Reserva de parking para a Copa de España de Ciclocrós en Pontevedra





O vindeiro domingo a Copa de España de Ciclocrós chega a Galicia coa disputa do Gran Premio Cidade de Pontevedra. No circuíto da Illa das Esculturas xa se están ultimando os preparativos e os equipos e corredores poden realizar a súa reserva no parking. Para iso, deben cubrir o formulario adxunto e envialo á dirección de correo electrónico protocolo@fgalegaciclismo.es

 

 

Tema: 

Precalendarios 2020





O ciclismo autonómico ultima a súa programación para o 2020. A falta de que se incorpore algunha proba e de que se defina algunha data, adxuntamos os precalendarios de BTT e de Estrada para o vindeiro ano. Ambos documentos non serán oficiais ata a súa aprobación na Asamblea Xeral que se celebrará no mes de decembro. 

Tema: 

Reunións Técnicas este sábado no Hotel Congreso





As xornadas técnicas programadas para a valoración da temporada 2019 e programación de cara o 2020 conclúen este sábado 23 de novembro. A Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubs interesados a unha triple xuntanza que terá lugar no Hotel Congreso (Teo).

A primeira reunión será a de Estrada, que comezará ás 10:00 horas, e abordaranse todas as categorías, dende escolas ata masters.

Tema: 

Bicifestación no Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico





A Golpe de Pedal colabora este domingo con Stop Accidentes Galicia na marcha en bicicleta por Vigo co gallo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico. 

A saída darase ás 11:00 horas na Praza do Rei e ás 11:30 está prevista a chegada ao Balcón da Rúa de Aragón, onde se realizará unha ofrenda floral e gardarase un minuto de silencio. 

Tema: 

A VII Andaina Contra a Violencia de Xénero percorrerá Santiago de Compostela o domingo 24





Co gallo do Día Internacional contra a violencia de xénero, o domingo 24 de novembro celebrarase en Santiago de Compostela a VII Andaina Contra a Violencia de Xénero: Camiño ao Respecto.

Esta marcha arrancará ás 11:00h dende o Monte do Gozo e a chegada está estimada ás 12:30h á Praza do Obradoiro, onde se dará lectura a un manifesto contra a Violencia de Xénero.

A Federación Galega de Ciclismo anima aos clubs, ciclistas, xuíces-árbitros/as e directivos/as, a que se unan a esta iniciativa.

Tema: 

Reunión Técnica de BTT-XCM





Dentro das xornadas técnicas programadas para a valoración da temporada 2019 e programación de cara o 2020, a Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubes interesados a unha reunión de BTT-XCM que terá lugar o sábado 23 de novembro ás 13:00 horas no Hotel Congreso (Teo).

Ese mesmo día, e tamén no Hotel Congreso, celebraranse as reunións de Estrada (todas as categorías) ás 10:00 horas e Mini BTT ás 17:00.


Inscricións para as probas do circuíto galego de Duatlón Cros





Este martes remata o prazo para anotarse no Duatlón Cros Concello de Lousame, primeira proba do circuíto galego de Duatlón Cros. (fai click nesta ligazón para acceder á paxina de inscricións).

Os federados en ciclismo poden participar e inscribirse con licenza de 1 día a prezo reducido grazas ao convenio que manteñen as dúas federacións.

 

Tema: 

Ata o 13 de novembro poden solicitarse probas para o calendario autonómico 2020





A Federación Galega de Ciclismo mantén aberto o prazo para solicitar as probas do calendario autonómico 2020. Este novo período de admisión das solicitudes finaliza o mércores 13 de novembro de 2019.

 

TAXAS

Aínda non lles podemos confirmar os prezos das taxas da tempada do 2020 debido a que será a Asemblea Xeral a que aprobe as Obrigacións Financeiras da próxima tempada, polo que a data de hoxe están en vigor as do 2019.

Tema: