Avisos

Asamblea Xeral da Federación Galega de Ciclismo





Este sábado, 16 de decembro, as 16.00 horas en primeira e as 16.30 en segunda convocatoria terá lugar a Asamblea Xeral da FGC no Hotel Congreso de Teo co seguinte Orde do Día:

1.- Aprobación, si procede, da acta da reunión anterior: Asamblea Xeral Ordinaria do 8 de abril 2017 e Asamblea Xeral Extraordinaria do 23 de setembro 2017

  2.- Aprobación, si procede, da xestión administrativa-económica do Presidente

a) Memoria das actividades realizadas no 2017

b) Informe da Comisión Delegada

Tema: 

Rankings BTT 2017 da Federación Galega de Ciclismo





Xa están dispoñibles para a súa consulta os Rankings da Federación Galega de Ciclismo 2017 das disciplinas de BTT: Enduro, DHI, XCO e XCM. Os gañadores, un total de 31 deportistas, serán premiados na Gala do Ciclismo 2017.

 

​http://www.fgalegaciclismo.es/ranking-2017​

 

Tema: 

Cambios na Normativa Técnica de Ciclocross





Tras o acordo de onte da Comisión Delegada, damos aviso dos novos cambios na Normativa vixente en relación á Copa Galicia de CX que entrará en vigor nas probas a celebrar este próximo fin de semana. As modificacións aprobadas son referentes aos artigos 7 e 8, Premios Mínimos e Reclamacións.

A nova redacción é a seguinte:

Premios mínimos para a clasificación Absoluta Feminina

Prazo de reclamacións ata a cerimonia protocolaria de entrega de premios

Tema: 

Reunións Técnicas Mini BTT





A Federación Galega de Ciclismo convoca a todos os clubs organizadores e interesados a reunión de Mini BTT que se vai a celebrar esta tarde, día 17 de novembro as 20.00 horas na Casa do Deporte (Sede FGC) en C/ Luis Ksado, 17 de Vigo cos seguintes puntos a tratar:

- Balance temporada 2017

- Precalendario 2018

Tema: 

Aviso Precalendarios 2018





Lembrámoslles que continúa aberto o segundo prazo ata o día 29 de novembro para solicitar carreiras e marchas cicloturistas da temporada 2018. Os precalendarios actualicense semanalmente e non serán definitivos ata a súa aprobación en Asemblea Xeral. Para facilitar as datas de elección dispoñen para a súa consulta os Precalendarios 2018 de Estrada e BTT no seguinte enlace:

Tema: 

Xa está á venda a Lotería de Nadal da Federación Galega de Ciclismo





A Federación Galega de Ciclismo (FGC) pon á venda a súa tradicional Lotería de Nadal. 

O 19797 e o 39068 son os dous números que se xogan cunha participación de 5 euros sen recargo, dispoñible na sede da FGC.

No caso de que toque poderase cobrar o premio en calquer oficina de A Banca. 

Tema: 

Comeza o segundo período do ano para o recoñecemento das solicitudes de deportista de alto nivel correspondente ao procedemento de novembro





Co inicio do mes de novembro bota andar os segundo período do ano no que os deportistas galegos interesados poderán presentar a solicitude para o recoñecemento da condición de deportista galego de alto nivel. Tal e como establece o Decreto 6/2004, do 8 de xaneiro, polo que se regula a cualificación dos deportistas galegos de alto nivel e os programas de beneficios dirixidos a estes, no seu artigo 4.2, as solicitudes debidamente cubertas presentaranse, durante os meses de xuño ou novembro.

Tema: 

Suspensión do Ciclocross Concello de Dumbría





Dende o Club Ciclista Dumbría, poñemos en coñecemento da Federación Galega de Ciclismo e ao mesmo tempo facelo tamén a todos os clubes implicados nas probas de ciclocross, que por motivos de uso do terreo onde en anos anteriores celebramos as competicións desta disciplina vémonos obrigados a suspender o Ciclocross Concello de Dumbría. Como sabedes, os terreos anexos ao complexo deportivo, son de uso privado, a día de hoxe e debido a unha pola de árbores, o terreo non quedou en condicións para acoller unha proba deportiva destas características.

Tema: 

Precalendarios 2018





Xa dispoñen para a súa consulta no menú Probas da nosa páxina web, os Precalendarios 2018 de Estrada e BTT elaborados coas probas solicitadas ata o 17 de outubro, data de finalización do primeiro prazo. Lembrámoslles que está aberto o segundo prazo ata o día 29 de novembro, ata esa data os calendarios actualizaranse semanalmente e non serán definitivos ata a súa aprobación en Asemblea Xeral.

http://www.fgalegaciclismo.es/precalendarios/precalendarios-2018

 

 

Tema: 

Programa 1 da Copa Galicia de Ciclocross: Trofeo Ría de Marín





Fai click neste enlace para ver o resumo do Trofeo Ría de Marín, Programa 1 da Copa Galicia de Ciclocross 2017. 

 

Foto: Luz Iglesias

Tema: