Avisos

Aberto o prazo para solicitar os Campionatos de Galicia 2019





Co fin de que os clubs organizadores dos distintos Campionatos poidan traballar coa suficiente antelación á data da súa celebración, queda aberto o prazo para a recepción de solicitudes dos autonómicos, que rematara o venres, 30 de novembro

Tema: 

Adiantanse os horarios do XXI Ciclocrós do Rosal





A organización do XXI Trofeo Comunidade de Montes dás Eiras, de acordo cos responsables técnicos da FGC, decidiron adiantar en media hora a saída oficial da proba ás 14:30 horas do sábado 17 de novembro. O motivo é evitar a rápida ausencia de luz no circuíto de Praia dás Eiras (Picones) situación que resulta máis acentuada que noutras localizacións e que provocou que en anteriores tempadas a última manga disputárase practicamente a escuras.

Deste xeito os horarios quedan establecidos da seguinte maneira:

Tema: 

Aprazado o CX de Dumbría





AVISO DE APRAZAMENTO

Comunicado do Dumbría, C.C.:

Dadas as adversas condicións meteorolóxicas destes últimos días, vémonos obrigados a aprazar o V Trofeo de Ciclocrós Concello de Dumbria, previsto para o domingo 11 de novembro.

O mal estado no que quedou o circuito como consecuencia das intensas chuvias e vento, así como o desbordamento do regato próximo ao mesmo e a caída de árbores, fai que o circuito non reúna as necesarias condicións de seguridade para os participantes.

Tema: 

Suspendido o Ciclocross de Arteixo





Por causas alleas a organización, o Arteixo - MB3, C.C., acaba de comunicar que a 11ª proba puntuable para a Copa Galicia de CX prevista para o sábado 24 de novembro, queda suspendida.

Tema: 

Axudas do Concello de Vigo aos seus deportistas de base





O Concello de Vigo fixo pública a convocatoria de “Axudas a deportistas vigueses e viguesas de base de modalidades deportivas individuais”.

Estas axudas están destinadas ao fomento da práctica deportiva e ten como finalidade a aposta polo deporte base da cidade de Vigo e o apoio ás disciplinas nas que prima a competición individual.

Podes descargar as bases e a documentación. O prazo de solicitude é ata o 13 de novembro

Tema: 

Axudas da Deputación aos deportistas ourensanos





A Deputación de Ourense fixo pública a convocatoria de axudas a deportistas ourensáns cualificados en modalidades deportivas individuais durante a tempada 2017-18.

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o vindeiro 30 de novembro actual e a dotación económica establecida total ascende a 30.000 euros.

Tema: 

Modifícanse a composición de saídas no ciclocrós





Ante os datos de participación rexistrados nas tres xornadas celebradas da Copa Galicia de Cicclocross: Poio, Santiago e Marín; tomouse a decisión de modificar as categorías presentes nas quendas de participación.

Esta modificación afectará en principio ás probas que se celebren en xornada de tarde polo que o seu uso poñerase en práctica no Ciclocros Avanza do Porriño trala aprobación do CTA e a Comisión Xestora. O programa de competición das probas de tarde quedará composto da seguinte maneira

 

Tema: 

Horario de oficina da FGC





Durante o mes de outubro a oficina da Federación Galega de Ciclismo permanecerá aberta únicamente en horario de maña, de 9.00h a 15.00h

Tema: 

A FGC solidarízase cos afectados no suceso do Marisquiño 2018





A Federación Galega de Ciclismo esperta hoxe preocupada ao coñecer a noticia do sucedido no Náutico de Vigo con motivo do Marisquiño no seu concerto de despedida. O noso maior desexo é a pronta recuperación das persoas accidentadas e de forma especial os feridos trasladados aos hospitais de Vigo e a quen queremos facer chegar o noso agarimo a eles e ás súas familias. Dende esta Federación poñemos a disposición de todos os nosos asociados implicados neste suceso os servizos de asesoría xurídica e avogado.

Tema: 

Asamblea Xeral Extraordinaria da FGC





Este sábado, 14 de xullo, as 10.00 horas en primeira e as 10.30 en segunda convocatoria terá lugar a Asamblea Xeral Extraordinaria da FGC no Hotel Congreso de Teo co seguinte orde do día:

1.- Estudo e aprobación, se procede, do Calendario Deportivo Ciclocross 2018-2019

2.- Estudo e aprobación, se procede, da Normativa Técnica Ciclocross 2018-2019

3.- Lectura Informe Auditoría 2017

4.- Aprobación, se procede, do Calendario Electoral 2018

5.- Aprobación, se procede, do Reglamento Electoral 2018

6.- Nombramento da Xunta Electoral

Tema: