Avisos

Dispoñibles de novo na tenda online da FGC as equipacions da campaña de visibilización do colectivo ciclista #EuFagomeVer





Despois do éxito acadado no seu lanzamento, a tenda online da Federación Galega de Ciclismo volve contar coas equipacións en flúor da campaña de visibiliade do colectivo ciclista #EuFagomeVer #EuSonCiclista.

 

 

Tema: 

Galicia contará con doce Rutas Ciclistas Protexidas





Esta mañá presentouse en Madrid o mapa de Rutas Ciclistas Protexidas, unha das medidas incluidas dentro do Plan de Actuación da DXT para a protección deste colectivo. En Galicia doce rutas, tres por cada provincia, recibirán este tratamento despois do traballo conxunto levado a cabo durante os últimos meses pola Federación Galega de Ciclismo, a Secretaría Xeral de Infraestruturas da Xunta de Galicia, a DXT e a Garda Civil.

Tema: 

Subvencións dirixidas a asociacións e clubs deportivos sen ánimo de lucro da Deputación de Pontevedra





Concesión de axudas e subvencións públicas destinadas a promover, fomentar e impulsar as actividades deportivas, segundo os principios de obxectividade, concorrencia competitiva, publicidade e transparencia

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO

Tema: 

Faleceu a nai de Juan Carlos Muñiz Nieto





A Federación Galega de Ciclismo transmítelle as súas máis profundas condolencias ao noso presidente Juan Carlos Muñiz Nieto e a toda a súa familia tras o falecemento nas últimas horas da súa nai Leonor Nieto López, aos 70 anos de idade. 

O seu corpo descansa na sala A do Tanatorio de Poio, que abandonará na tarde deste mércores ás 19:00 horas para a celebración do seu funeral na igresa San Xoán de Poio e do seu enterro no cemiterio de Combarro. 

 

Descanse en Paz 

Tema: 

Resolución das subvencións ás entidades deportivas





Púxose a disposición dos interesados na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte, a Resolución enviada ao Diario Oficial de Galicia para a súa publicación coa listaxe definitiva das subvencións a entidades deportivas convocadas pola Resolución do 25 de novembro de 2016.

Tema: 

Bike Camp Aviva - Federación Galega de Ciclismo





GRUPO:  Prazas limitadas!!

DATAS: Do luns 07 ao venres 11 de agosto de 2017 (grupo mixto de 11 a 14 anos) con bicicleta montaña.

ENTRADA: luns a partir das 12,00 horas. SAÍDA: Venres a partir das 12:00 horas.

PRECIO: 175 € (por persoa).

INSCRICIÓN:  Ata o 31 de xullo de 2017.

INCLÚE:

Tema: 

Convocado o Curso de Directores Deportivos de Nivel III en Madrid





A RFEC convocou unha nova edición do Curso de Directores Deportivos de Nivel III, que se celebrará novamente na Universidad  Europea de Madrid, en Villaviciosa de Odón (Madrid),  do 27 de outubro ao 4 de novembro de 2017, no que se refire ao bloque común, e do 1 ao 9 de decembro de 2017, o específico.

Tema: 

A DXT lanza en Galicia unha guía coas normas para trasladar bicicletas nos coches





O uso da bicicleta estendeuse tanto que os ciclistas téñense convertido no obxectivo a protexer por parte da DXT. Os ciclistas forman parte, cos peóns e os motoristas, dos colectivos máis vulnerables do tráfico, e os movementos dos afeccionados á bicicleta preocupan, mesmo antes de subirse a ela.

Tema: 

Xuntanza de organizadores de probas de ciclocross





A Federación Galega de Ciclismo convoca aos organizadores de probas de ciclocross para unha xuntanza que se vai celebrar o xoves, día 29 de xuño ás 20:30 horas no Hotel Congreso, sito en rúa das Mámoas de Montouto 4 na estrada de Santiago á Estrada, coa seguinte orde do día

1) Normativa técnica 

2) Calendario

3) Rogos e preguntas

Rogámoslles que nos envíen as súas propostas antes do próximo 27 de xuño.

Tema: 

Cancelada a VI BH Barbantia Roda BTT





Desde a organización da VI BH BARBANTIA RODA BTT, prevista para o vindeiro 9 de xullo, comunícase a súa anulación. Esta decisión tomouna nas últimas horas a xunta directiva da SD Barbantia Roda debido á escasa inscricion acadada ata ese momento. Polo tanto, chegado este punto considerouse oportuno adoptar a determinacion de suspender a  VI BH BARBANTIA RODA BTT.
 

Tema: