Avisos

Información Procedemento DGAN 2019





Dende a Secretaría xeral para o Deporte recordamos que se inicia un novo prazo (xuño) para poder solicitar o recoñecemento de DEPORTISTA GALEGO DE ALTO NIVEL (DGAN). 

As solicitudes presentaranse preferentemente de forma telemática, cubrirase o Anexo I, e achegarase o Anexo II na sede electrónica da Xunta de Galicia, debedes dispoñer do código de activación da Chave365 ou DNI electrónico con sinatura dixital.

Tema: 

Subvencións da Secretaría Xeral para o Deporte





Resolución da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, a clubs deportivos, sociedades anónimas deportivas e seccións deportivas de Galicia para o desenvolvemento de actividades deportivas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (código de procedemento PR945C).

 

Tema: 

A Garda Civil e a FGC repartirán chalecos aos ciclistas na ruta protexida do Sol, en Sanxenxo





Co obxetivo de impulsar o uso de prendas de alta visibilidade entre os ciclistas para mellorar a súa visibilidade ante os demais conductor de vehículos, os efectivos da Agrupación de Tráfico da Garda Civil na provincia de Pontevedra ten previsto a distribución de chalecos retroreflectantes nas distintas 'Rutas Ciclistas Protexidas' que discorren pola provincia. 

Tema: 

Páxina web oficial da Volta á provincia da Coruña





Xa está operativa a páxina web oficial da XVIII Volta á provincia da Coruña: www.voltacoruna.com 

A primeira rolda por etapas do calendario galego Elite e Sub23 disputarase do 31 de maio ao 2 de xuño. 

Tema: 

Modificacións nos calendarios XCO, Mini BTT e Mini DH o 8 e 9 de xuño





O 8 e o 9 de xuño haberá probas de XCO, Mini BTT e Mini DH tal e como estaba previsto nun primeiro momento no calendario autonómico deste 2019. Os eventos que ían ter lugar en Marín, suspendidos por causas alleas á Federación Galega de Ciclismo, foron reemplazados por outras citas.

Tema: 

Loito no ciclismo pola morte dun Garda Civil no GP Villa de Mojados





A Federación Galega de Ciclismo transmítelle o seu pésame aos familiares, achegados e compañeiros de Juan Luis Vara Lorenzo, Garda Civil do Destacamento de Tráfico de Valladolid, falecido esta fin de semana cando velaba pola seguridade viaria dos participantes no Gran Premio Villa de Mojados, proba do calendario de estrada Elite e Sub23. 

D.E.P.

 

Tema: 

Cancelación das probas organizadas polo Club Ciclista Marín





Por causas alleas á Federación Galega de Ciclismo, comunicamos a cancelación das seguintes probas organizadas polo Club Ciclista Marín:

08/06/2019      II XAXANBIKE                                                MINI  BTT

Tema: 

Inscricións abertas para o Campionato de Galicia CRI 2019





O Concello de As Pontes será o 17 de maio, Día das Letras Galegas, escenario do Campionato de Galicia de Contrarreloxo Individual (CRI) 2019. O Club Ciclista As Pontes - Vilalba organiza esta cita na que dende as 10:00 horas se porán en xogo os títulos autonómicos dende a categoría Cadete ata a Máster-60. 

Inscríbite facendo click neste enlace. O prazo remata o domingo 12 de maio ás 23:59:00

Tema: 

Modificacións na Normativa Técnica de Mini BTT 2019





A semana pasada tivo lugar na sede da FGC unha reunión de Comisión Delegada con carácter extraordinario na que se trataron os seguintes asuntos en cumprimento dos Estatutos da FGC, art. 13.1: estudo e aprobación de modificacións na Normativa Técnica 2019 e aprobación das últimas modificacións dos calendarios deportivos 2019

Tema: 

Hoxe, xoves 28 de marzo, a oficina da FGC permanecerá pechada por festividade local





Por mor da festividade local do día da Reconquista en Vigo, a oficina da Federación Galega de Ciclismo non abrirá as súas portas. Maña venres 29 de marzo volverá estar a súa disposición no seu horario habitual, de 9.00h a 15.00h

Tema: