Bicifestación no Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico





Tema: 

A Golpe de Pedal colabora este domingo con Stop Accidentes Galicia na marcha en bicicleta por Vigo co gallo do Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico. 

A saída darase ás 11:00 horas na Praza do Rei e ás 11:30 está prevista a chegada ao Balcón da Rúa de Aragón, onde se realizará unha ofrenda floral e gardarase un minuto de silencio. 

"Invitámosvos a que nos acompañedes e visualicemos entre todos a necesidade de previr e lexislar para que non sucedan mais accidentes e se preserve a seguridade vial de todos os usuari@s de medios de transporte, entre eles os usuari@s da bicicleta en todos os seus ámbitos", sinalan dende A Golpe de Pedal.