Borja Gómez, galardoado nos 'Premios de la Bici'





Tema: 

Borja Gómez Mendez recibiu este xoves en Madrid o Premio aos Valores do Ciclismo na gala dos 'Premios de la Bici' do ano 2018 entregados polas publicacións Ciclismo a fondo, Bicisport, Bike, Tríatlon e BiciFacil.

O momento mais emotivo foi cando Borja Gomez recolleu o premio xa que todo o publico asistente non deixou de aplaudir. Ao acto asistiron numerosas persoas do mundo do ciclismo a nivel nacional, tamén acompañaron a Borja, os seus pais Calis e Montse, os cales estaban emocionados co premio e que esperan que isto abra a porta a máis nenos. Tamén quixeron estar presentes o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; e o presidente do Club Ciclista Ponteareas, Marcos Porto Illa.

O logrado por Borja é un fito no ciclismo a nivel nacional e un recordatorio do que o deporte debe ser e o que desde o Club Ciclista Ponteareas inculcan: respecto, educación, valores e compañeirismo.

 

Fonte: Club Ciclista Ponteareas