Brandan Márquez, gañador final do Open de España Ultramaratón





O vigués Brandan Márquez (Gexa X-Sauce) foi o vencedor final do Open de España Ultramaratón 2017, tras a disputa da terceira e última proba, a Ciutat de Lleida-STM MTB Ultramarathon na que se impuxo Guillem Muñoz (Team Blue Motors) nun percorrido de 124 quilómetros. Outro galego, Delmiro Acevedo (Burgas Bike), rematou quinto e foi o mellor máster-30. 

A proba estivo marcada pola intensa calor, aínda que sen incidencias de importancia que afectasen o seu desenvolvemento. Llibert Mill (Cicles Catalunya) foi o primeiro protagonista, pasando cuns segundos de vantaxe no primeiro punto de control. en L'Albages (km. 32), sobre o grupo de elixidos, con Márquez, Muñoz, Roger Argelaguer (Team Bluemotors), Alberto Fernández (Pedales del Mundo), o master-30 Carles Herrero (Sant Queintí de Mediona) e o 40 Joan Campa (CC Sedis).

Pero como adoita ser habitual neste tipo de probas, foise seleccionando aos poucos o grupo e no segundo control, en Castelldans (km. 97), soamente quedaban na cabeza Márquez, Muñoz, Fernández e Argelaguer. No tramo final soamente descolgábanse estes dous últimos, pero o galego e o catalán continuaron xuntos ata a meta, onde Muñoz impoñíase ao sprint a Márquez, que levaba a recompensa da xeral do Open de España, sucedendo ao madrileño Jesús Del Nero, que este ano non participou en ningunha das mangas.

Delmiro Rodríguez, mellor máster

A apenas dez segundos chegaba Argelaguer e a algo máis de dous minutos Fernández. Delmiro Rodríguez, quinto, era o mellor máster-30 por diante de Pedro Inuñez (Turiaso), o mellor 40. O corredor do Burgas finalizou sexto na xeral, sendo o primeiro máster-30.

Clasificacións