Busto e Picoaga prolongan as súas xeiras triunfais na Transgalaica de Silleda





Todo segue igual pola Transgalaica, nin Javi Busto ( Extol-La Gramola Team) nin Isa Picoaga (CC 7 Voltas) fan a mínima concesión a todos os seus adversarios, e reforzan máis aínda o seu liderado na clasificación xeral. A proba de Silleda, que debutaba nunha Transgalaica cunha excelente organización do CC Trasdeza, contou con 300 participantes que desafiaron unha fría mañá na que afortunadamente non fixo acto de aparición a esperada choiva o cal aumentaría considerablemente a dureza do percorrido.

En categoría masculina parecía que podía ser un día con novidades, co liderado da carreira do dúo Manuel Casuso-Nando Guerra durante gran parte da mesma, pero en canto Busto apertou pasou a dominar e sumar un espectacular 4 de 4 nesta tempada. Manuel Casuso (Avelaíñas) e Estefan González (Burgas Bike Team) acompañáronlle no podio. Desta maneira Busto deixa vista para sentenza a xeral da que será a súa terceira Transgalaica, e igualar deste maneira a Brandan Marquez, pois lle basta con facer 20 puntos na proba de Vigo para levar o gato á auga.

Entre as mozas tamén se repetiu a película das anteriores probas, saída moi forte de Diana Blanco (Barbanzabike) que lle permitiu encabezar a carreira nos seus inicios, ata que Picoaga entrou en calor e xa pasou a dominar ata a entrada en meta. A viguesa Silvia García (Bici Verde) sería a terceira en discordia.

Na clasificación por equipos nova vitoria de Extol-La Gramola Team por diante do Burgas Team e CC De Montaña Xesteiras.

 

Fonte e foto: Transgalaica